Skip to Content

Linguas clásicas

Departamento de Linguas Clásicas: profesorado e programacións 2024-25

Nome

Cargo

Función

Mª Isabel Álvarez Baños

Xefa de departamento

Coord. Club de lectura "A tiro limpo"



 A programación didáctica do presente curso pode consultarse na seguinte ligazón.

Viaxe a Roma

O noso alumnado de bacharelato tivo a oportunidade de coñecer estes días a cidade de Roma, na compañía das profesoras Isabel Álvarez Baños e Emma Barbosa. Entre os monumentos máis destacados que visitaron desta magna cidade-museo, non podían faltar os foros, o Coliseo ou os Museos Vaticanos e a Capela Sixtina.

Ademais, aproveitaron para reunirse co noso aprezado exalumno Jairo Rouco Maciel, un dos poucos estudantes en conseguir unha bolsa de estudos na academia Viviarium Novum, e compartir a súa experiencia única de inmersión total en latín. Sen dúbida unha experiencia única da que estamos seguros Jairo saberá tirar o maior proveito de cara á súa formación profesional e persoal. Boa sorte, Jairo, botamos de menos o teu sorriso eterno pero goza desta merecida experiencia!

Por suposto, antes de abanadonar a cidade, non faltou a visita obrigada á Fontana di Trevi co tradicional lanzamento de moedas ás costas; non se pode perder a oportunidade de volver visitar a Cidade Eterna que tanto tesouro agocha!

 

 

 

 

 

Concurso de Fotografía O legado de Roma no Bierzo

Como actividade complementaria á Saída ás Médulas, os Departamentos de Xeografía e Historia, Bioloxía, Linguas Clásicas e o Clube de Lectura, organizaron un concurso de fotografía sobre o legado de Roma no Bierzo.

 Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade.

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> ConcursoFotoAsMedulas

III Ludi Compostellani

 O pasado 25 de abril, alumnado de Cultura Clásica participou nos III Ludi Compostellani. Foi unha xornada con variedade de actividades (gymkana, obradoiros de escritura grega e romana, danza grega,...) organizada por SEEC Galicia e desenvolvida na Facultade de Filoloxía de Santiago.

Selecciona a foto inferior para ver o álbum completo desta actividade.

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> III Ludi Compostellani

Cumpleanos de Roma

  Coincidindo co cumpleanos de Roma, o Departamento de Linguas Clásicas organizou un concurso de cociña grega e romana.

  Seleccionando a foto inferior pódese ver o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Cumpleaños de Roma
Distribuir contido


by Dr. Radut