Skip to Content

Premios e Innovación Educativa

Premios e Innovación Educativa

A videorockola de Proval, Premio Nacional de Innovación

  Os profesores do Departamento de Electrónica Carmen Currás  e Fernando Rodríguez, responsables do proxecto Videorockola, veñen de recibir en Madrid o Premio Nacional de Calidad e Innovación en FP. O acto de entrega celebrouse na Biblioteca Nacional e foi presidido polo ministro de Educación, Íñigo Martínez de Vigo.

 Pódese consultar máis información no seguinte enlace da Consellería, do Ministerio e de prensa. Tamén hai dispoñible unha galería de fotos do evento.

 

Proval, na fase nacional da Olimpiada de Xeoloxía

O alumno Iago López de 1 de Bacharelato, campión provincial e  subcampión autonómico na VII edición da Olimpiada de Xeoloxía, participará na fase nacional a celebrar en Jaca o 7 e 8 de abril.

Gañadores dos 1º e 3º premios da Olimpiada de Xeoloxía

  Dous alumnos do IES Escolas Proval acaban de gañar o 1º e 3º premio na fase provincial da Olimpiada de Xeoloxía. 

 

  Noraboa!!!

 

 Pode consultarse máis información no seguinte enlace.

A videorockola de Proval, Premio Nacional de Innovación

A videorockola, un proxecto desenvolvido polo alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Mantemento Electrónico baixo a coordinación dos profesores Carmen Currás e Fernando Rodríguez, acaba de recibir un 3º Premio á Calidade e Innovación en Orientación e Formación Profesional

  Noraboa aos premiados!!

   Pode consultarse a resolución no BOE aquí e información de prensa aquí.

O IES Escolas Proval: premio por un proxecto de innovación tecnolóxica desenvolvido durante o curso escolar 2012-2013

O IES Escolas Proval foi merecedor dun premio por valor de 10.000 € na convocatoria realizada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios a proxectos de innovación tecnolóxica desenvolvidos durante o curso escolar 2012-2013 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, onde se impartan ensinanzas de Formación Profesional. O proxecto premiado foi a exposición Expoelectrónica Proval: Un proxecto colaborativo de innovación e difusión para os novos ciclos de electrónica, realizada no terceiro trimestre do pasado curso. Parabéns da comunidade educativa do IES Escolas  Proval aos alumnos e profesorado do Departamento de Electrónica polo éxito do traballo desenvolvido.

No Faro de Vigo do pasado 6 de xaneiro aparece unha reseña do resultado da convocatoria, na que, xunto co noso, resultaron premiados outros oito centros galegos.

 Expoelectrónica Proval 2013

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut