Skip to Content

INICIO CURSO 2022-23

Arrancamos o curso académico 2022-23 este xoves 8 de setembro en todos os niveis!

  • Os grupos da ESO, bacharelatos e FPBásica terán a presentación e benvida de titoras/res ás 8:45 h. A seguir, as clases desenvolveranse conforme ao horario habirual ata as 14:30 h.
  • A presentación do alumnado de ciclos medios e superiores de Administración e Finanzas e de Electrónica (diúrno) ás 10:30 h. da mañá.
  • A presentación do alumnado da ESA, ao igual cá do alumnado de ciclos medios e superiores de Administración e Finanzas e de Electrónica (nocturno), terá lugar ás 18:10 h. da tarde.
  • Desde ese mesmo día 8 os autobuses realizarán os diferentes traxectos no seu horario habitual e usarán as paradas ordinarias (poden consultar os diferentes itinerarios, paradas e horarios nesta ligazón). Como sempre, ten dereito lexítimo ao uso do transporte escolar o alumnado da ESO e FBBásica; con todo, de haber sitios libres, podería tamén facer uso del o alumnado de bacharelato.
  • Os cursos de cada nivel poden consultarse na parte cuberta da entrada principal do claustro.
  • As sesións de presentación coas familias confirmaranse nos próximos días por abalar.

Saúdos e forza para este novo curso que promete moitas novidades!

 



book | by Dr. Radut