Listaxes provisionais de admisión a ciclos
Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia.
O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o luns 13 de xullo ata as 13:00 h. do mércores 15 de xullo de 2020, e deberase realizar no centro de entrega onde se presentou a solicitude.
Véxanse no enlace as instrucións para a consulta.