Visita a Pontevedra
O xoves 16 de maio, o alumnado de 4º de ESO e da materia de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º Bacharelato visitou Pontevedra. Estiveron no Museo, no edificio de Arte Contemporánea, disfrutando da obra de Castelao, Maside, Colmeiro ou Maruxa Mallo. E despois de xantar, visitaron o Castelo de Soutomaior paseando polos seus xardíns e polo interior, onde puideron visionar uns videos moi didácticos sobre unha etapa da nosa Historia complexa e non sempre explicada en clase.