NOVEMBRO

 

- 29 DE NOVEMBRO.VISITA AO CENTRO DE CONSUMO DE A VEIGA

 

- 27 DE NOVEMBRO. ACTUACIÓN DE TROPA DE TRAPO 

 

- 25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DA  ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 

- SEMANA DO 18 AO 22: LEVAMOS O LABORATORIO DE CCNN Á BIBLIOTECA

 

- VISITA AO PARLAMENTO, PÓRTICO DA GLORIA E CIDADE DA CULTURA.1º E 2º BAC

OBRADOIRO DE XEOMETRÍA APLICADA

O pasado mércores visitounos Víctor González, arquitecto especialista en bioconstrución, que desenvolveu co alumnado de 2º e 3º de ESO un obradoiro de Xeometría Aplicada.

Cunha metodoloxía práctica e de traballo colaborativo, o alumnado foi quen de comprender conceptos esenciais de xeometría manipulando diferentes obxectos cos que construíron figuras e corpos xeométricos elementais ademais dunha gran cúpula capaz de acoller no seu interior aos trinta alumnos/as participantes no obradoiro así como ao seu profesorado de matemáticas organizador da citada actividade.