Skip to Content

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO

ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO

   A partir do 11 de setembro, coincidindo co inicio das clases, comezaremos a entrega dos libros do fondo co alumnado de 4º ESO. Nos días seguintes continuarase coa entrega aproximadamente na seguinte orde:

NIVEL/GRUPO

DATA DE ENTREGA PREVISTA

4º ESO
11 de setembro
1º ESO
12-13 de setembro
2º ESO
13 e 16 de setembro
3º ESO17-18 de setembro


    O cumprimento dos prazos de entrega dependerá en boa medida do horario dos grupos. Todo o alumnado recibirá un comprobante dos libros recibidos. O centro está aínda adquirindo libros, polo que é posible que haxa alumnado que non leve todos os libros. Os libros faltantes serán entregados segundo cheguen ao centro.

IMPORTANTE: O alumnado que formalizou a matrícula con posterioridade á publicación das listaxes definitivas de asignación de libros ou que tivo que facer modificacións nas materias, recibirá os libros despois destas datas.

 



page | by Dr. Radut