CONVOCATORIA DE BOLSAS NEAE
(Curso 24-25)
Xa está publicada a convocatoria anual para a solicitude de bolsas para alumnado con necesidades especiais de apoio educativo (NEAE). O prazo para a solicitude ábrese desde o día 30 de abril de 2024 e remata do 13 de setembro.
A solicitude realízase únicamente on line a través do servizo electrónico do Ministerio de educación. Os solicitantes deberán imprimir o documento pdf da solicitude e presentalo na secretaría do seu centro de estudos para a súa comunicación aos servizos de orientación e inspección correspondentes. Poden atopar toda a información necesaria da convocatoria no Portal de bolsas do ministerio e na páxina de información da sede electrónica do mesmo portal.