MATRÍCULA
CURSO 2024-25
PRAZOS, DOCUMENTACIÓN, INFORMACIÓN
RESERVA DE PRAZA para centros adscritos de primaria (XAN/FEB) SOLICITUDE DE ADMISIÓN (primaria/secundaria/Bach) (MARZO) |
PRAZOS DE
RESERVA, ADMISIÓN ORDINARIA
E MATRÍCULA
A partir do 15 de xaneiro comezan os prazos para solicitar admisión en centros de ensino públicos. Os prazos para a formalización da reserva, admisión ordinaria e matrícula, marcados por lei no Decreto 13/2022 de 3 de febreiro, desenvolvido na Orde do 21 de outubro de 2022 son os que aquí se indican. En todo caso, para calquera consulta sobre o procedemento (datas, documentación necesaria, listaxes, etc.) poden acudir ao portal da Consellería de cultura, educación, formación profesional e universidades e á aplicación de admisión.
ALUMNADO DE CENTROS ADSCRITOS (CEIPP ALBORADA, CEIPP NOVO MESOIRO, CEIPP MANUEL MURGUÍA E CEIP SALGADO TORRES)
Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro:
- reserva de praza desde os centros adscritos de primaria mediante modelo ED550A incluído o Anexo I bis (só alumnado interesado en solicitar praza no centro de adscrición)
- modelo de formulario informativo para a secretaría do noso centro (formulario de optativas e transporte para 1º ESO)
Lugar de presentación: na secretaría dos centros onde se atopa matriculado neste curso ou na Sede electrónica da Consellería de educación vía on line.
Antes do 1 de marzo: asignación de prazas e publicación de prazas vacantes nos centros de secundaria.
PRAZO DE ADMISIÓN ORDINARIA. ALUMNADO DE CENTROS NON ADSCRITOS E ADSCRITOS SEN PRAZA OU ADSCRITOS DE RESERVA CANDO AS PRAZAS NON SON SUFICIENTES
Do 1 ao 20 de marzo: solicitude de praza mediante modelo ED550B (Anexo II e Anexo IIbis) (alumnado que quedou sen praza na reserva, alumnado que busca praza nun centro distinto ao de adscrición). Información na páxina da Sede electrónica da Consellería de educación vía on line.
Documentación necesaria: coa solicitude de admisión deberá presentarse a documentación que se indica no seguinte documento descargable.
Lugar: centro no que se quere matricular ao alumnado o curso próximo ou na sede electrónica da Xunta de Galicia vía on line.
Antes do 25 de abril: listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas.
As listaxes de admitidos no proceso de admisión ordinaria, así como os datos relativos a vacantes, datas de trámites, estados de tramitación das solicitudes e demais circunstancias relacionadas co procedemento de admisión poden comprobarse na aplicación de admisión utilizando os procedementos de identificación electrónica habituais (certificado electrónico ou Chave 365) ou in situ no taboleiro de anuncios do centro de ensino de orixe e/ou de admisión [en virtude da actual lexislación de protección de datos]
Antes do 15 de maio: listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.
As listaxes de admitidos no proceso de admisión ordinaria, así como os datos relativos a vacantes, datas de trámites, estados de tramitación das solicitudes e demais circunstancias relacionadas co procedemento de admisión poden comprobarse na aplicación de admisión utilizando os procedementos de identificación electrónica habituais (certificado electrónico ou Chave 365) ou in situ no taboleiro de anuncios do centro de ensino de orixe e/ou de admisión [en virtude da actual lexislación de protección de datos]
PROCESO DE BAREMACIÓN Se houbese máis solicitudes que prazas dispoñibles, será necesario baremar as solicitudes. Os criterios de baremación serán os indicados no Artigo 9 do Decreto 13/2022, do 3 de febreiro. * * * CRITERIO COMPLEMENTARIO DO CENTRO Entre os criterios do baremo, o centro ten dereito á adopción dun criterio complementario propio por 1 punto. O IES Plurilingüe Elviña, en Consello Escolar de 13 de febreiro de 2020, validou o seguinte criterio: "acórdase dar un punto ao alumnado que, no último curso que realizou completo, non teña ningunha materia suspensa e obtivese unha cualificación de 8 ou superior na materia de inglés. Para acreditar este criterio o solicitante deberá entregar algún destes documentos: certificación académica do curso correspondente ou boletín final de cualificación orixinal ou fotocopia cotexada". |
PRAZO 3
PRAZO DE MATRÍCULA
Do 23 de xuño ao 7 de xullo: matrícula en ESO e Bacharalato para todo o alumnado do centro e para todo o alumnado admitido nos procesos de reserva e/ou admisión ordinaria.
Instrucións para a matrícula [só dispoñibles nas datas de matrícula na secretaría do IES]
Lugar: secretaría do centro no que se quere matricular ao alumnado o curso próximo.
* * *
NOTA INFORMATIVA IMPORTANTE
1. Os solicitantes poderán presentar solicitude de admisión en prazo pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegando os criterios de admisión/baremación que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude deberá ser dirixida/entregada ao centro solicitado en primeiro lugar. Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
2. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
3. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anteriror e, asimemso, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento de admisión.
4. O IES Plurilingüe Elviña conta con varias liñas de transporte escolar e cafetería escolar en horario de 09:00 a 13:30.
5. A admisión e matriculación do alumnado no IES Plurilingüe Elviña implicará o respecto e aceptación do seu proxecto educativo.
* * *
LEXISLACIÓN E PROCEDEMENTO
O procedemento de matriculación e os seus prazos está marcado polas seguintes directrices lexislativas:
c. Instrucións sobre o proceso de admisión da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
d. Procedemento de admisión: instrucións da Xefatura Territorial da Coruña para os centros de ensino