Jamie Cullum, cantante inglés de jazz e pop
|
|
Jamie Cullum naceu en Wiltshire (Inglaterra) e empezou a súa carreira musical aos 16 anos tocando en bares, clubs e hoteis da súa vila. Mudouse a Londres onde se puxo a tocar no Pizza Express, no Soho. |
|
En abril de 2003, con 24 anos, asina un contrato millonario coa mellor discográfica de jazz, “Universal Classics and Jazz” que invirte na nova promesa 1 millón de libras esterlinas. No contrato, a discográfica comprometérase a gastar un millón de libras esterlinas na grabación e promoción da súa música, despois de varios álbumes ao longo dos seus 5 seguintes anos de carreira musical.
Ese mismo ano aparece en Gran Bretaña o seu primeiro álbum, “Twenty Somenthing” e rapidamente pasa a ser o álbum mais vendido ao longo da historia da música en Inglaterra. Jamie Cullum pasa a ser o artista que máis discos vendeu no seu país natal, 850.000 copias e dous discos de platino en só 4 meses.
Jamie Cullum obtivo o premio ao "Mellor artista Novo" na ‘BBC National Radio 3 Jazz Awards’ e tamén foi nominado como "Artista Revelación" na cerimonia de entrega dos premios Brit, xunto con The Darkness, y Dizzee Rascal.
Pouco despois, co seu gradísimo éxito, Jamie levou a súa música á Estados Unidos por primeira vez. Estivo actuando durante tres semanas en The Oak Room, do hotel The Algonquin, en Nova Iorque, sendo o primeiro músico europeo branco en entrar nese santuario do jazz norteamericano. As boas críticas recibidas do New York Times o día despois do concerto abríronlle as portas ao publico norteamericano.
Tras o grande éxito en Estados Unidos, viaxou por Europa onde ten realizadas 2 xiras nas que tamén tivo grandes éxitos. |
|
|