ORIENTALINE
Arrincou Xaneiro coa Semana Branca do IES Eduardo Pondal
Maniotas e risas nunha semana inesquecible.
O pasado domingo 21 de Xaneiro arrincaba un bus ás 6 da mañá dende Ponteceso que tería como meta acadar a cidade oscense de Jaca despois dunha longa travesía.
A espera pagou a pena ó podérmonos fascinar todas e todos coa inmensidade dos Pireneos nos que, durante catro días, o alumnado puido familiarizarse co esquí e gozar desta actividade o máximo posible.
A fatiga ía deixando marca co paso dos días e as elevadas temperaturas acompañaron toda a viaxe, porén, o alumnado puido ser consciente da súa propia aprendizaxe en cada nova clase á que asistían, así como pulindo e perfilando a súa destreza no deporte.
Até o último día aproveitaron para poñer en práctica o aprendido e divertirse até quedar durmidos no bus de volta.
Tanto o alumnado coma o profesorado participante agarda con ansia poder repetir esta experiencia.