ORIENTALINE
CanSat
Benvidos ao noso proxecto PonteSAT!!!
O equipo do noso instituto está conformado por 1 profesor mentor e 6 alumnos participantes ademáis da nosa potente rede de colaboradores: 5 profesores e 3 alumnos:
O proxecto CanSat está dirixido a estudantes de secundaria e bacharelato e abarca temas curriculares de tecnoloxía, física e programación. Este concurso está deseñado para simular tódolos aspectos dunha misión real de lanzamento dun satélite, incluído o seu deseño, desenvolvemento, posta a proba, lanzamento, funcionamento e análise de datos dun traballo en equipo.
Que é un CanSat?
É unha simulación dun satélite real integrado dentro do volume e forma dunha lata de refrescos. O CanSat lánzase cun cohete a unha altitude aproximada dun kilómetro e despois déixase caer mediante un paracaídas. E a partires dese intre comeza a súa misión, a cal consistirá na execución dun experimento científico, unha aterraxe sen danos e a análise dos datos recopilados durante o descenso.
Actualmente encontrámonos na fase de deseño e construcción. Aquí tedes un exemplo do traballo que se está a facer:
Presentación do proxecto aos patrocinadores (11 de Febreiro)
O martes 11 de Febreiro presentamos o noso proxecto a diferentes representantes de empresas privadas e administracións públicas na fundación Eduardo Pondal de Ponteceso. Tamén asistiu a prensa que deixou constancia desta presentación no seguinte enlace: presentación_proxecto_la_voz
O sábado 21 de Marzo será o dia no que o equipo ao completo se desplace ao aeródromo de Rozas (Lugo) para competir no campionato galego frente a outros 16 equipos de Galicia.
Debido a pandemia do COV-19 o concurso queda temporalemente suspendido. Informaremos dos novos cambios polas diferentes canles de comunicación nosas.
MOITA SORTE AOS REPRESENTANTES DO NOSO CENTRO NESTA AVENTURA !!!
Páxinas do proxecto. Síguenos!!!!
https://www.instagram.com/Pontesat__/
Máis información sobre o proxecto:
https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/29123
EMPRESAS COLABORADORAS