Infórmate

 

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA. CARREIRA DE ORIENTACIÓN DO PROGRAMA XOGADE, DE DEPORTE ESCOLAR DA XUNTA DE GALICIA, DENTRO DO PLAN PROXECTA

O departamento de Educación Física está a organizar unha saída para participar nunha carreira de Orientación do programa Xogade, de deporte escolar da Xunta de Galicia, dentro do plan Proxecta desenvolvido polo departamento.
A saída cara o Campamento Virxe do Loreto en Porto do Son, onde se realizará a proba, será o día 24 de novembro de 2021, as 9:35 h., a chegada está prevista ás 14:15 h.
Os participantes serán o alumnado de 2º ESO, na categoría infantil e de 4º ESO, na categoría cadete, tanto masculino como feminino. Pretendemos que asista o maior número de persoas posibles pero estamos limitados polas prazas do autobús: 53, polo que deberemos facer unha escolla. 
A actividade é totalmente gratuíta
 
Os profesores acompañantes serán:
- María Yolanda Ferreiro Domínguez
- Francisco Javier González García
 
A continuación poñemos información da proba e os permisos necesarios para asistir.
O alumnado seleccionado deberá traer asinados os permisos
- Permiso para usar as imaxes con fins educativos 
- Permiso para participar na carreira de Orientación
- Permiso para introducir datos do alumnado na plataforma de inscrición de Xogade
- Declaración responsable sobre síntomas Covid.
AdxuntoTamaño
Boletin_0 Orientación.pdf1.78 MB
autorizacion imaxes Orientación.pdf621.74 KB
Autorización saída Orientación.pdf75.44 KB
Autorización participación en Xogade PONDAL.pdf56.95 KB
0 Declaración Responsable COVD 21-22 PONDAL.pdf53.69 KB

Powered by Drupal - Design by artinet