Hai uns días habilitouse no EVA a posibilidade de utilizar unha fonte especial para alumnado con dislexia.
Para iso o usuario debe ir ao panel esquerdo e, na parte inferior, premer en "Configuración de accesibilidade", escollendo a continuación o tipo de fonte para disléxicos.
A editorial Edebé tamén permite utilizar este tipo de letra cando persoalizamos un contido.

Última modificación: xoves, 8 de decembro de 2022, 8:47 AM