Exemplo de posible estratexia de grupo.

O día da proba acudiremos todos ás catro menos cuarto provistos de bolígrafo, calculadora, regra, cartabón, compás, tesoiras e bolígrafo de reposto.
Tan pronto como nos entreguen o papel dos enunciados, coas tesoiras procederemos a separar os distintos problemas, cortando o folio e repartímolos.
O alumno A resolverá o problema 1.
O alumno B resolverá o problema 2.
O alumno C resolverá o problema 3...
Como hai máis alumnos que problemas, ten que quedar claro que alumnos van a resolver o mesmo problema.
Se levamos máis de 10 ou 12 minutos con un problema e non temos avanzado ou non vemos solución, poremos enriba da mesa unha tarxeta amarela ou outro distintivo que indique que estamos atascados para que nos poidan axudar os que vaian acabando. Procuraremos non falar para non distraer aos compañeiros.
O alumno que remate o seu problema, explicaralle a solución ao encargado de por a solución no ordenador e de pasalo a limpo para que proceda, e dirixirase xunto a un compañeiro que estea atascado. Collerá o enunciado e empezará a resolvelo.
Cando todos os problemas estean resoltos, dous alumnos cambiarán de rol e pasarán a axudar na presentación das solucións.
Os cinco restantes intentarán resolver cada un outro problema distinto do que xa resolveran e cando o consigan comentarán a solución có primeiro autor. Se as solucións son distintas comentarán con un terceiro ou con todo o grupo.
Para a presentación, se temos un papel con un sitio determinado, faremos un borrador para axustarnos a ese sitio. Se temos folios brancos, faremos cada problema en un folio, por unha soa cara e respectando as marxes.

Lembrade que o máis importante é que todos os problemas se resolvan correctamente e as respostas inseridas no ordenador e logo que sexan ben explicados no papel, con varias solucións, se existen, etc.
Última modificación: luns, 21 de marzo de 2016, 11:25 AM