O curso contén as cuestións e actividades de cada tema. As respostas ás cuestións están colgadas para que todos os alumnos/as dispoñan dos principais contidos que van caer nos exames. As clases han ser presenciais e o libro de texto o principal material de referencia que imos empregar. En cada avaliación hai dous traballos que cada alumno deberá entregar antes das datas límite que se fixen ao longo do curso.