Libro de prácticas de electricidade con Tinkercad
Sitio: | Aula Virtual do IES de Castro de Vigo |
Curso: | Tecendo código |
Libro: | Libro de prácticas de electricidade con Tinkercad |
Impreso por: | Usuario convidado |
Data: | xoves, 21 de novembro de 2024, 12:30 PM |
Descrición
Circuito de Tinkercad para observar e modificar
Táboa de contidos
- 1. Circuito aberto e pechado
- 2. Consumidores de enerxía
- 3. Como sumar pilas?
- 4. Pezas básicas: conmutador ou interruptor
- 5. Como conectar un LED
- 6. Reto: conmutar LED vermello e verde
- 7. Uso do polímetro
- 8. Circuíto en serie
- 9. Medindo a resistencia
- 10. Circuítos en paralelo
- 11. Medir intensidade no Circuíto en paralelo
- 12. Medir voltaxe no circuíto en serie
- 13. Medir voltaxe no circuíto en paralelo
- 14. Resistencia variables en serie
- 15. Voltaxe variable
- 16. LEI DE OHM
- 17. Circuítos mixtos
Fai este circuíto por ti mesmo para practicar no Tinkercad.
Comproba que podes poñelo a pantalla completa, ou moverte por dentro facendo click, facer zoom coa roda do rato...
Exercicio resolto (tan só tes que activar a simulación): consumidores de enerxía.
OIlo!: podes facer zoom coa roda do rato para ver a velocidade do motor.
Exercicio 1: Fai un circuíto no que apaguemos e acendamos unha lámpada co conmutador deslizante (slide switch).
O contacto do medio é o común, pecha o circuíto co contacto de arriba ou co contacto de abaixo.
Move o deslizador para apagar e acender a lámpada.
Exercicio 2: Despois fai un circuíto no que cando acendas unha lámpada apagues outra, e viceversa. Mostramos a solución debaixo, pero mellor intentalo sen mirar.
Neste circuíto o LED funciona como aviso, para que sepamos que está a pasar electricidade.
É un dos usos máis frecuentes en tódolos aparellos electrónicos, usar LEDs de aviso.
Podes ver como conectar un LED con unha resistencia, e que se cambias os polos non funciona o LED.
Tes que intentar conectar os LEDs para conmutalos: cando acendes o verde apagar o vermello e viceversa.
Podes ver a solución no subcapítulo.
Para conectar o polímetro e medir intensidade facemos pasar o cable por el.
Asombrosamente a intensidade que pasa por todo o circuíto é a mesma. Non é sinxelo entender por que.
Conclusión: non necesitamos utilizar neste circuíto 3 polímetros, chega con un.
Fai ti o circuíto en Tinkercad e engade outros elementos: lámpada, motor, interruptor...
Fai estas medidas e comproba a resistencia das pezas de uso habitual nos teus circuítos.
Aquí podes simular os circuítos, pero é moi importante que practiques a debuxalos por ti mesmo.
Comproba que a voltaxe total é igual á suma das voltaxes.
Comproba a lei de Ohm con este circuíto.