Tarefa 5: Desfile de moda vegana, a outra cara da moda
Requisitos do completado
Facer unha entrega
A industria da moda é unha das máis contaminantes do planeta, e o incentivo ao consumo constante de roupa de de baixo prezo producida en condicións laborais pouco éticas non axuda a que teña unha boa consideración en medios progresistas. En parte por iso é bo sinalar o esforzo de deseñadores e produtores por crear moda sostible, con criterios éticos, ecolóxicos e sobre todo sen utilizar animais.
Nesta actividade pode facerse un desfile de moda alternativa e vegana, buscando e valorando o traballo de deseñadores por criterios éticos, como por exemplo:
- Vivienne Westwood (precursora do upcycling)
- Stella McCartney
- Christopher Raeburn
- Gabriela Hearst
- Mara Hoffman
- Iris Van Herpen
- Bethany Williams
- Sonia Carrasco
- Kenneth Ize
- Paloma Wool
- Roberts/Wood
- Cecilie Bahnsen
- ...