Tarefa 3: Buscar imaxes en diferentes resolucións
Requisitos do completado
Facer unha entrega
Usa un buscador de internet como o de Google para buscar fotos dun tema
(por exemplo, vestidos dunha deseñadora de roupa famosa). Teñen que ser
do mesmo formato de ficheiro (por exemplo, jpg). Busca unha foto de
resolución baixa (menos de 100 px por lado), media (menos de 1000 px) e
outra de resolución grande (máis de 1000 px). Compara o seu tamaño cando
as teñas descargadas, tanto visualmente (tes que abrilas) como en MB ou
KB (o tamaño da imaxe depende da súa resolución).