Curso: Tecendo código, Section: Cultura téxtil | Aula Virtual do IES de Castro de Vigo

Main course page

Cultura téxtil

  • Cultura téxtil

    • Traballos de investigación posibles:
      • Facer un xogo tipo kahoot onde vexamos vestidos de distintas épocas e teñamos que adiviñala.
      • Buscar imaxes de peliculas ou series onde saian vestidos coma os referenciados na lección.
      • Facer unha presentación tipo book cin actor, actriz ou modelo importante e analizar a súa vestimenta, por que marcaba tendencia..

    • Analizar a vestimenta de avós e bisavós, que lle chamaría a eles a atención da nosa vestimenta e prognosticar a vestimenta de dentro de 50 anos.

      Buscar referencias de prognósticos anteriores (películas de ciencia ficción, exposición  universal de 1939,  revista Vogue,...)


    • Analizar vestidos famosos de autores famosos, indicando as súas características principais. Esta wiki colaborativa permite que o alumnado insira os seus análises e estes sexan compartidos co resto do alumando

    • Traballo de análise dunhas zapatillas (vellas, para tirar) no que temos que identificar as partes, os materiais, o deseño estrutural...Relacionado: historia das zapatillas máis importantes (Air Jordan) e das empresas (Adidas e Puma, Nike...), o márketing das zapatillas

      Material para a investigación:

      Partes dunha zapatilla

      Documental: Jordan, un hombre y sus zapatillas


    • A industria da moda é unha das máis contaminantes do planeta, e o incentivo ao consumo constante de roupa de de baixo prezo producida en condicións laborais pouco éticas non axuda a que teña unha boa consideración en medios progresistas. En parte por iso é bo sinalar o esforzo de deseñadores e produtores por crear moda sostible, con criterios éticos, ecolóxicos e sobre todo sen utilizar animais.

      Nesta actividade pode facerse un desfile de moda alternativa e vegana, buscando e valorando o traballo de deseñadores por criterios éticos, como por exemplo:

      • Vivienne Westwood (precursora do upcycling)
      • Stella McCartney
      • Christopher Raeburn
      • Gabriela Hearst
      • Mara Hoffman
      • Iris Van Herpen
      • Bethany Williams
      • Sonia Carrasco
      • Kenneth Ize
      • Paloma Wool
      • Roberts/Wood
      • Cecilie Bahnsen
      • ...