Visita á central de Pull&Bear
Enviado por Alejandra o Lun, 24/04/2023 - 09:43
O pasado venres, o alumnado de 4º da ESO e 1º de BACH, visitou a central de Pull&Bear en Narón. As alumnas e alumnos observaron os diferentes departamentos e funcionamento da sede central dunha gran empresa internacional, dende a loxística e o sistema de almacén, o deseño das prendas, do escapartismo, a patronaxe, os recursos humanos, o márketing, entre outros.
Para rematar a visita o alumnado foi agasallado cun almorzo e un regalo por parte da empresa.