Programa TEI
Enviado por Lois o Mar, 18/04/2023 - 10:30
O 28 de marzo levouse a cabo, na hora de titoría, unha actividade de cohesión para os alumnos/as de 1º e 3º da ESO, enmarcada dentro do programa TEI.
Tratouse dun xogo de confianza no que os alumnos/as titores de 3º da ESO debían guiar aos seus titorizados/as a través dunha “ginkana” de obstáculos cos ollos vendados, fomentando así a colaboración e confianza entre eles. Despois os roles invertéronse sendo os titorizados/as os que guiaron aos seus titores/as.