2ª lectura do Club de Lectura: "O que sei do silencio"

"Eu acosei. El acosou. Nós acosamos. Eles acosaron. Si así foi. Isto que vou contar é o relato de como me convertín en acosadora pasiva (...) Diso vai este blog. Dos meses que pasei en silencio. Do que aprendín naqueles días da crueldade e da covardía. Isto é o que sei do silencio". (páx. 19)

 

"O que sei do silencio" de Andrea Maceiras é a obra que acompañará aos membros do noso Club de Lectura estes últimos días de xaneiro e durante o mes próximo, febreiro, no que recibiremos no centro con ilusión á súa autora. Nada máis emocionante para un lector ou lectora que o encontro e charla coa súa escritora.