Acto de Graduación 2º BAC: ata sempre!!!

O venres 18 de xuño tivo lugar o acto de graduación do alumnado de 2º de BAC., co que poñen fin á súa andadura polo noso centro. Foron seis anos nos que compartiron vivencias, experiencias, formación ... e moitos momentos de risa e complicidade. 

 

Desexámoslles que poidan cumprir todos os seus soños e que non dubiden de que poden conseguir todo o que queiran. Só teñen que fixar a meta e con tesón e perseveranza hano lograr. 

 

Como dixo Eleanor Roosevelt “O futuro pertence a quen cren na beleza dos seus soños”. 

 

Parabéns!!!

E como xa sodes maiores, xa podedes aparecer sen pixelar no IG do instituto.