Exposición: "Traballando coa madeira" (FP Básica)

O venres 26 de marzo, as alumnas e alumnos do ciclo de FP Básica, mostráronlle ao alumnado de 1º e 2º da ESO o seu proxecto coa madeira: as súas creacións e as ferramentas e materias que empregaron. 

 

Foi unha xornada lúdica e formativa onde puideron mostrar aos seus compañeiros/as o traballo que fan no seu ciclo e estes interesáronse polo que fan e como o fan.

 

Así mesmo para que puideran velo o resto da comunidade educativa colocaron no corredor da planta baixa unha exposición co traballo realizado. 

 

Só nos queda dicir por moitas máis experiencias como estas!!

Parabéns!!! 

 

No seguinte enlace podedes ver as fotos da xornada así como os traballos realizados polo alumnado: