Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Ano tras ano, no IES do Camiño, conmemoramos o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Este día ten a súa orixe no asasinato das irmáns Mirabal no ano 1960, coñecidas como “las mariposas”. Estas tres irmáns dominicanas foron torturadas e encarceladas en diferentes ocasións pero foi un 25 de NOVEMBRO de 1960 cando foron secuestradas e asasinadas cando volvían á súa casa por facer fronte ao ditador Rafael Leónidas Trujillo. Isto desencadeou decenas de protestas que as converteron en todo un símbolo na loita contra a violencia de xénero.

Non obstante, non foi ata o ano 2000 cando a ONU oficializou o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 

Con este día queremos poñer o énfase e o foco de atención na desigualdade, a discriminación, os feminicidios e as distintas formas de violencia machista ademais de pedir políticas para previla. 

Así que, pese a que este ano a pandemia por mor da covid 19 non nos permitiu facer ningunha actividade conxunta, si traballamos ao longo deste mes na prevención da violencia sobre as mulleres a través das titorías, nalgunhas materias como contido transversal e a través do Equipo de Normalización Lingüística. 

Pero o máis importante non é acordarnos só neste día ou neste mes, o realmente fundamental é facelo os 365 días do ano, este centro manifesta a súa tolerancia cero contra a violencia sobre as mulleres e traballa, no seu día a día, para previla e erradicala

Nun día como o de hoxe, cobra máis forza o poema de Alfonsina Storni que nos traslada Inés: 

 

"Hombre pequeñito, hombre pequeñito,

Suelta a tu canario que quiere volar...

Yo soy el canario, hombre pequeñito,

Déjame saltar.

 

Estuve en tu jaula, hombre pequeñito,

Hombre pequeñito que jaula me das.

Digo pequeñito porque no me entiendes,

Ni me entenderás.

 

Tampoco te entiendo, pero mientras tanto

Ábreme la jaula que quiero escapar;

Hombre pequeñito, te amé media hora,

No me pidas más"