25 NOV: Stand agresión OFF

No noso centro cremos firmemente na igualdade de xéneros, de aí que traballemos, ao longo de todo o ano, na prevención da violencia contra ás mulleres e na promoción da igualdade efectiva e real entre ambos. 

 

Así, durante o mes de novembro, dedicámoslle unha maior parte do tempo a incidir e promover a prevención da Violencia de Xénero, aproveitando, por un lado, as sesións de titoría e, polo outro, colaborando co CIM de Palas de Rei nas actividades que realizamos conxuntamente. 

 

Este ano tivemos a sorte de contar hoxe, 18 de novembro,  cunha serie de obradoiros e actividades lúdico-formativos no STAND AGRESSIÓN OFF a cargo de Marexada, empresa que desenvolve o programa “AgresiónOFF. Eu digo non á violencia sexual” da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia , no que se abordaron diferentes aspectos como:

1.     CANTO DE ESTEREOTIPADA ESTÁ A TÚA MENTE? 

2.     A RULETA DO AMOR ROMÁNTICO

3.     NON ME CONTES CONTOS. 

4.     ONDE ESTÁ O LÍMITE? 

5.     EU NON NECESITO #FILTROS. 

6.     ESTÁS SEGUR@ DE PREMER O BOTÓN DE ENVIAR? 

7.     KAHOOD DA IGUALDADE. 

8.     A INFORMACIÓN ESTÁ AO ALCANCE DA TÚA MAN. 

 

Nestes obradoiros participaron todo o alumnado da ESO, Bacharelato e FP básica, sempre cumprindo as medidas de seguridade (tomáronlles a temperatura e hixienizaron as súas mans con xel hidroalcolico), sen mesturar grupos e ao aire libre, na praza da Casa da Cultura. 

 

Así mesmo a rapazada, ao finalizar a sesión, recibiu varios regalos (unha mochila, bolsa de tela, sombreiros......) cos logotipos do programa e un “Decálogo contra a violencia sexual: 10 cousas que tes que saber”. 

 

Querémoslle agradecer ao CIM do Concello de Palas de Rei que conte co instituto para levar a cabo estas actividades formativas. 

 

Podes ver máis fotos do día de hoxe na galería de imaxes do instituto, se premes na foto podes ir directamente ao album.