Samaín _ Noite de defuntos 2020

Este ano é un ano diferente aos outros, no que temos que coidarnos, protexernos e ser moi coidadosos e coidadosas coas medidas de seguridade nesta pandemia que estamos a vivir.

Non obstante, queremos darlle un pouco de cor ao noso instituto e, aínda que este ano non teñamos magosto nin Samaín, por motivos máis que evidentes,  si queremos non perder a ilusión, as gañas e a nosa tradición, así que veña que temos que espantar as meigas, as bruxas, a santa compaña, os trasnos, ao demo….. e todas as criaturas misteriosas que saen na noite de defuntos. Así que tede coidado xa que a noite máis terrorífica do ano aproxímase….. 

Non esquezades que na noite de defuntos as ánimas do Purgatorio adoitan baixar á Terra, de aí que non se recolla a mesa pois as ánimas dos nosos defuntos veñen visitar a casa esa noite e hai que deixarlles algo por se teñen fame. Polo mesmo motivo adoitábase deixar ao lume da lareira aceso, pois é ben sabido que as ánimas, malia que se representan ardendo nas chamas, adoitan ter frío e por iso se achegan pola noite ó lume da lareira do que fora o seu fogar. Podemos dicir que  a Noite de Defuntos é unha noite máxica porque existe a crenza de que esta noite se abren as portas do Máis Aló e o mundo dos vivos e o mundo dos mortos atópanse máis preto ca nunca. Este é o único momento do ano no que desaparece o veo que separa este mundo dos vivos do outro, do Alén, e por iso é posible o tránsito dun ao outro mundo. 

Feliz Samaín e feliz noite de defuntos!!!

Ademais queremos agradecer a Rocio, antiga alumna do centro,  a súa axuda e colaboración na decoración do centro.