Reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato. Curso 2019/2020

A entrega de notas será o día 9 de xuño ás 10:30, unha vez realizada, o alumnado que así o estime oportuno, poderá solicitar a REVISIÓN dos seus traballos, exames, actividades…. para elo poñerase en contacto co profesor/a da materia obxecto de revisión directamente, ben a través da mensaxería da aula virtual ou ben dos medios telemáticos que empregue normalmente para comunicarse con dito profesor/a. Unha vez realizada a explicación correspondente, se o/a alumno/a quixese revisalos no centro educativo concertarían  hora para a mesma o día 10 pola maña.

 

Nesta mesma liña cabe sinalar que con data do 3 xuño do 2020 publicase na web da Consellería de Educación a Circular 2/2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para o curso 2019/2020.

 

 Algunha das instrucións que se recollen nesta circular:

  • RECLAMACIÓNS ANTE O CENTRO

a) Lugar e prazo de presentación 

As reclamacións contra as cualificacións finais obtidas nas materias de segundo curso de bacharelato presentaranse por escrito, no centro no que se cursaran, dirixidas á dirección do centro, nos seguintes prazos: 

  • Convocatoria ordinaria: 10 e 11 de xuño de 2020 (ata as 14.00 horas).
  • Convocatoria extraordinaria: 3 e 4 de setembro de 2020 (ata as 14.00 horas). 

No suposto de que algunha destas datas fose inhábil, o prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte. 

A dirección do centro someterá as reclamacións á consideración do departamento correspondente, que emitirá unha resolución motivada. 

 

b) Resolución do departamento 

1. A resolución do departamento deberá estar motivada. O departamento analizará as actuacións seguidas no proceso de avaliación, con especial referencia á adecuación dos obxectivos, contidos, criterios de avaliación e cualificación, estándares de aprendizaxe avaliables, e procedementos e instrumentos de avaliación aplicados cos recollidos na programación didáctica e na súa adaptación, así como a correcta aplicación dos criterios de avaliación e cualificación establecidos. Para iso, a resolución do departamento terá́ en conta: 

Na convocatoria ordinaria: 

  • O informe documentado e motivado do profesor ou profesora da materia. 
  • As avaliacións realizadas ao alumnado.
  • Os exames e traballos realizados durante o curso.
  • A programación didáctica. 
  • A adaptación da programación didáctica, de acordo co establecido no punto 6 das directrices xerais das citadas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. 

 

Na convocatoria extraordinaria: 

  • O informe documentado e motivado do profesor ou profesora da materia.
  • A correspondente proba. 
  • A programación didáctica.
  • A adaptación da programación didáctica 

 

2. Na resolución indicarase que contra ela o alumnado ou os seus representantes legais poden solicitar que a dirección remita o expediente de reclamación á comisión de supervisión, sinalando o prazo e o lugar de presentación desa solicitude. 

 

  • RECLAMACIÓNS ANTE A COMISIÓN DE SUPERVISIÓN  

a) Lugar e prazo de presentación das reclamacións 

No prazo de 24 horas, contadas desde a notificación da resolución o alumno ou a alumna, ou os seus representantes legais, poden solicitar por escrito no centro no que presentou a súa reclamación que a dirección remita o expediente de reclamación á comisión de supervisión. 

 

b) Comunicación á comisión de supervisión 

A dirección do centro comunicará á comisión de supervisión a relación de alumnado que presentou reclamación no centro para elevar ante a dita comisión, con indicación da materia ou materias obxecto de reclamación. 

  • Convocatoria ordinaria: antes das 18.00 horas do 16 de xuño de 2020. 
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 18.00 horas do 7 de setembro de 2020. 

 

d) Remisión do expediente 

Debido á urxencia da recepción dos expedientes, que deberán ser analizados pola comisión de supervisión co tempo suficiente para poder emitir unha resolución antes da matrícula na ABAU, é preciso que a dirección do centro garanta o procedemento oportuno para que os expedientes de reclamación sexan recibidos en tempo e forma pola comisión de supervisión. 

  • Convocatoria ordinaria: antes das 14.00 horas do 18 de xuño de 2020. 
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 14.00 horas do 8 de setembro de 2020. 

 

e) Resolución da comisión de supervisión 

4. A comisión de supervisión á vista da documentación que conste no expediente e dos informes emitidos pola subcomisión técnica, e de ser o caso dos informes emitidos pola inspección educativa sobre as adaptacións das programacións didácticas, resolverá no prazo máis breve posible e, en todo caso, antes do inicio da ABAU. 

 

f) Notificación da resolución da comisión de supervisión 

1. O acordo adoptado pola comisión de supervisión terá efectos plenos e deberá ser notificado ao/á interesado/a a través da dirección do centro e, no caso de que supoña que o alumnado poida realizar a ABAU, á Comisión Interuniversitaria de Galicia. 

2. Contra a resolución da comisión de supervisión, que esgota a vía administrativa, o interesado ou a interesada, ou os seus representantes legais, poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

 

g) Efectos 

No caso de que a resolución da comisión de supervisión rectifique a cualificación reclamada, a dirección do centro ordenará formalmente dita rectificación e estenderase a oportuna dilixencia na acta de avaliación e no expediente do interesado ou da interesada, facéndose constar a data da resolución da comisión de supervisión. 

 

Podedes acceder ao texto completo da Circular 2/2020 no seguinte enlace: 

 

No taboleiro do instituto hai un resumo concretando días e horas da fin do curso para este alumnado de 2 de bacharelato. 

Por último sinalar que AS CLASES para a preparación das ABAU retomaranse o mércores 10 de xuño