Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Os principais puntos a ter en conta son os seguintes: 

  • Asignación de libros e contía das axudas (artigo 2)

Efectuarase por orde inversa á renda per cápita, e con preferencia para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

En todo caso a orde garante que:

a) O alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € recibirá seis libros de texto.

b) O alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 € recibirá catro  libros de texto.

c) O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % recibirá seis  libros con independencia da renda.

 

Alumnado con necesidades específicas de apoio que non usa os libros de texto do curso no que está matriculado. Previo informe do centro poderá recibir un vale de 240 € (renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € ou alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %) ou 160 € (renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €).

  • Obriga das persoas beneficiarias (artigo 5)

Conservar e devolver os libros de texto e o material reutilizable recibidos o curso anterior. A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21.

  • Presentación de solicitudes (artigo 10)

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poden presentarse nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

A solicitude deberá estar asinada pola nai, pai, titor/a ou representante legal do alumnado.

  • Prazos  

O prazo para presentar solicitudes é do 20 de maio ao  19 de xuño de 2020 (art. 11)

O prazo máximo para devolver os libros do presente curso (2019/20)  será o 7 de xullo 2020, agás para o alumnado que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata o 7 de setembro de 2020. (art. 16)

O centro entregará os libros para o próximo curso 2020/21  a partir do 16 de setembro de 2020 e, en todo caso, antes do 25 de setembro. (art. 22)

 

O fondo solidario de libros de texto está integrado polos libros adquiridos coas axudas do curso anterior e polos libros voluntariamente cedidos polo alumnado.

A doazón dos libros de texto que xa non precises é beneficiosa para os alumnos e alumnas que si os necesitan. 

 

Se non é posible entregar as SOLICITUDES POR VÍA TELEMÁTICA poderedes ACUDIR AO INSTITUTO para recoller e entregar a SOLICITUDE, non obstante non esquezas:

  • Horario do centro de 9:30 a 13:30
  • Acceder ao instituto con mascarilla e traer o teu propio bolígrafo. 

 

Máis INFORMACIÓN nos seguintes enlaces: