Instrucións para a xestión dos reintegros de bolsas e axudas ao estudo correspondentes ao curso 2019/20

A Dirección Xeral de planificación e xestión educativa publica as instrucións para a xestión dos reintegros de bolsas e axudas ao estudo como consecuencia da suspensión das actividades docentes e lectivas presenciais. Este feito pode, nalgúns casos, dificultar o destino das becas e axudas concedidas no curso 2019-2020 ao fin para o que foron concedidas de acordo co disposto nas respectivas convocatorias, ao non ser posible a asistencia a clase e a realización, o desenvolvemento e/ou avaliación de determinadas materias ou actividades que necesariamente deben levarse a cabo de modo presencial. Neste senso e atendendo ás dúbidas que algunhas Unidades de xestión das becas tanto das CCAA como das universidades suscitaron a esta dirección xeral, apróbanse as seguintes instrucións en materia de reintegros referidas exclusivamente ao cumprimento dos requisitos académicos relativos ás actividades ou ensinos correspondentes ao curso 2019-2020. 

Podes consultalas nos seguintes documentos: