Instrucións da Consellería de Educación para o desenvolvemento do 3º trimestre do curso 19/20

O 27 de abril a Consellería de Educación publicou unhas instrucións a seguir para o 3º trimestre deste curso 2019/20. Os centros e o profesorado teñen que adaptar as programacións e flexibilizar as aprendizaxes e os criterios de avaliación, promoción e titulación. Para a semana poñeranse na páxina web do centro e noutros medios as concrecións das adaptacións coas flexibilizacións devanditas. As liñas fundamentais son estas:

 

1.     Flexibilización dos criterios de avaliación, promoción e titulación. A criterio do equipo docente poderase pasar de curso ou titular, tanto na ESO coma no Bacharelato, con algunha materia suspensa.

2.     A repetición de curso será excepcional. A decisión tomaraa o equipo docente de xeito colexiado e argumentada. O alumnado terá que matricularse das suspensas no seguinte curso se promocionase con algunha/as.

3.     A nota deste curso estará baseada nas dúas primeiras avaliacións. As actividades feitas na 3ª poderán redondear a nota, pero sempre á alza, nunca baixala.

4.     As aprendizaxes céntranse no repaso, recuperación e reforzo, sobre todo para quen teña algunha das avaliacións anteriores suspensa, que deberá recuperar segundo a programación de cada departamento. Poden ampliarse as aprendizaxes imprescindibles para asentar os contidos da 1ª e 2ª avaliación, pero non para seren avaliadas negativamente.

5.     Quen teña materias pendentes do curso pasado, ten que estar atento e en contacto co profesorado correspondente.

 

Máis información no seguinte enlace ás: