"English Week”

O grupo de alumnado de 4º ESO, acompañado pola profesora Carmen Ares, asistiu do 17 ao 23 de Novembro á “English Week”, un campamento de inmersión linguística en inglés celebrado nos Peares, en Lugo.

O obxectivo era mellorar as súas destrezas de comprensión e expresión oral a través actividades non só académicas senón tamén de caracter cultural. A temática traballada baseouse no medio ambiente e nas estratexias para reducir o impacto medioambiental na nosa contorna.

O resultado de todo este traballo foron uns proxectos presentados polo alumnado dos distintos centros galegos participantes. Foi unha actividade na que o alumnado  ademáis de convivir e compartir experiencias con persoas de distinta procedencia, mellorou a súa competencia no uso do inglés. 

Podedes ver un pequeno resumo en imaxes de como foi a semana: