Charlas temáticas da USC_ Plantando cara ao lume

Hoxe, tivemos a charla temática "Plantando cara ao lume" para o alumnado de 3º e 4º da ESO, 1º de Bacharelato e 1º de FP Básica. O alumnado recibiu formación e información sobre os efectos ambientais dos incendios forestais e as técnicas de prevención e restauración.

Para elo, primeiro, realizamos unha saída a un monte próximo no que recentemente se produzo un incendio provocado, nesta visita contamos con axentes forestais, unha profesora da USC e tres alumnos/as do campus de Lugo e realizamos diversas actividades. Finalmente, regresamos ao instituto e tivemos unha presentación dos contidos que viramos anteriormente. 

Aquí un pequeno resumo deste día no que o tempo non acompañou demasiado pero no que aprendemos moitas cousas de como previr os incendios.