Exposición_ Premios María Josefa Wonenburger Planells 2007-2018

Nas vindeiras semanas no IES do Camiño poderá verse a exposición sobre mulleres científicas de Galicia coa que se pretende visibilizar e facer chegar á sociedade as contribucións feitas polas mulleres galegas á ciencia e a tecnoloxía, todas elas foron galardoadas co Premio María Josefa Wonenburger Planells, que outorga anualmente dende o ano 2007 a Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia. 

Esta exposición foi xestionada polo CIM do Concello de Palas de Rei.