Visita do alumnado do CEIP de Palas de Rei
O mércores, 12 de xuño, recibimos no instituto a visita dos alumnos e alumnas de 6º de educación primaria do CEIP Palas de Rei, que viñeron acompañados pola titora e o orientador do seu centro.
Primeiramente os recibimos no salón de actos do instituto onde se lles informou entre outras cousas sobre as normas de funcionamento do centro, os horarios, as materias que van cursar en 1º da ESO, a súa inclusión no programa TEI e como deben afrontar os cambios que vai supoñer pasar da etapa de primaria á de secundaria. A continuación o alumnado de 1º A e 1ºB responderon a tódalas cuestións e dubidas que os alumnos e alumnas de primaria tiñan e que de seguro conseguiron sosegar, un pouco, a súa curiosidade cara o vindeiro curso.
Por último, realizamos unha visita guiada polo instituto, onde contamos coa colaboración de Alba, Paula, Teo e Carmen, deste xeito, puidemos ver a aula de tecnoloxía, o ximnasio, a aula de música, a de educación plástica, os laboratorios de física e química e o de bioloxía, a aula de informática, a de idiomas (francés) e a Biblioteca, ademais de ver os cadros que pintaron ao longo deste curso os alumnos e alumnas do instituto.
Agardámosvos o ano que ven!! Pero mentres podemos gozar coas imaxes que dan conta da visita dos alumnos e alumnas do CEIP Palas de Rei