Imos ao teatro: "Frankenstein"

O alumnado de 1º , 2º , 3º e 4º de ESO asistiu, o martes 17 de abril, a unha obra de teatro en inglés no auditorio da Casa da Cultura de Melide xunto con outros alumnos e alumnas de centros próximos. 

Nesta ocasión a obra escollida foi  "Frankenstein" para conmemorar o 200 aniversario da súa publicación. 

As alumnas e alumnos tiveron a oportunidade de practicar o inglés con actores e actrices nativos/as , participar na obra e sobre todo pasar un bo rato fora da aula.

Grazas a tod@s por asistir e esperamos poder repetir esta actividade o ano que ven!!!