PROGRAMA TEI 2017/18

Como cada curso, dende hai catro anos xa, poñemos en marcha o programa TEI (Titoría entre Iguais) no instituto, no que o alumnado de 3º e 4º da ESO titoriza ao alumnado de 1º da ESO para facilitar a súa integración e continuar  na senda de ser un instituto TEI, é dicir, “tolerancia cero con quen exerce calquera tipo de violencia”. A fin de acadar un mellor clima de convivencia e fomentar unhas relacións entre os membros da comunidade educativa satisfactorias.

Arrancamos este curso académico coa formación aos titores e titoras de 3º da ESO e coa información ao alumnado de 1º da ESO, unha vez realizada estas accións, pasamos a celebrar, no dia de hoxe, a entrega de Diplomas que acredita ao alumnado de 3º da ESO como titores/as dos alumnos e alumnas de 1º da ESO. Así mesmo fíxoselle entrega do carné de titor/a e un dossier formativo sobre os temas tratados nas sesións previas.

Por último, levouse a cabo a asignación de titores/as e titorizados/as, que deu comezo ás actividades que vamos a desenvolver neste curso, sendo a primeira delas unha entrevista tanto do titor/a ao titorizado como ao revés, coa intención de que se coñezan e dean paso á relación que os vai unir ao longo deste curso e que, seguramente, deixará unha semente para os anos que pasen no centro educativo.

Durante este acto estiveron presentes os coordinadores do Programa TEI: Elena Cagide, Andrés Vázquez e Cristina Eiras., ademais daqueles profesores e profesoras que puideron asistir.