MEDIDAS ORGANIZATIVAS COVID-19

Enviado por admin o Ven, 13/03/2020 - 15:42

Con motivo da situación de excepción a que nos enfrenta a pandemia covid-19, o equipo docente do IES POETA DÍAZ CASTRO  ven de artellar unha serie de medidas dirixidas a atender ao alumnado telemáticamente.

-        O profesorado manterá o contacto continuado co alumnado:

 

§  A través da Aula Virtual, espazo E-Dixgal (1º e 2º de ESO), correo electrónico, redes sociais e soportes de traballo colaborativo.

§  O profesorado poderá atender ás familias a través do EspazoABALAR no horario habitual de titoría.

 

-        O alumnado disporá de actividades e sesións lectivas telemáticas co profesorado no horario que pode ver aquí, polas vías antes citadas. Calquera outra consulta poderá ser formulada polas mesmas vías, asumindo que o tempo de resposta pode non ser inmediato.

 

Lamentamos o trastorno que todo isto causa a toda a comunidade educativa a estas alturas de curso, e agardamos que sexa pola saúde de todos e afecte o menos posible ao rendemento académico do alumnado.

Queremos transmitir o noso apoio e a nosa confianza en que todo isto será superado mellor remando todos xuntos.

Pregamos se manteñan atentos ás comunicacións que faga o Goberno da Xunta, así como ás que se poidan ir realizando nesta web, e a través das nosas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram  @alusdomundo).

 

A Dirección

( categories: )