Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
Benvid@s á web do I.E.S. POETA DÍAZ CASTROEnviado por admin o Ven, 27/11/2020 - 05:40
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO 2024Enviado por admin o Xov, 24/10/2024 - 06:37
Nesta entrada pódese consultar a información relativa ao proceso electoral para a renovación parcial do Consello Escolar do IES POETA DÍAZ CASTRO, que terá lugar no mes de novembro de 2024
Información sobre a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar 2024 Convocatoria Eleccións Consello Escolar 2024 Convocatoria do sorteo dos membros da XUNTA ELECTORAL Acta do sorteo para a constitución da Xunta Electoral (16/10/2024) Acta da primeira reunión da Xunta Electoral (23/10/2024) Acta da segunda reunión da Xunta Electoral Relación definitiva de candidatos/as dos diversos sectores Acta escrutinio alumnado Acta escrutinio profesorado Acta escrutinio pais/nais Acta da terceira e última reunión da Xunta Electoral Acta xuntanza extraordinaria constitución do Consello Escolar
( categories: )
XUNTANZAS DE FAMILIASEnviado por admin o Mar, 24/09/2024 - 05:18
24/09/2024 10:13
Atlantic/Bermuda
O próximo mércores día 25 de setembro, tal e como foi comunicado por Abalar, celebraremos as xuntanzas de familias cos titores e titoras. Compartimos e confirmamos os horarios:
16:00 horas: Familias de 1º de ESO e Ciclo Básico de FP 17:15 horas: Familias de 2º, 3º, 4º de ESO e BAC.
Aproveitamos para recordarvos que este mesmo día, ás 18:30 celebraremos o Primeiro Foro da Comunidade. Animámosvos a participar! PRESENTACIÓN NO INICIO DE CURSOEnviado por admin o Ven, 06/09/2024 - 04:34
06/09/2024 09:19
Atlantic/Bermuda
O próximo día 11 de setembro comeza o curso académico 2024/25. Para este día, os titores e titoras teñen preparada a presentación de todos os cursos. Os horarios son os que seguen:
O alumnado agardará a que o seu titor ou titora os avise para acompañalos ata a aula de referencia, onde se celebrará a presentación. A duración estimada é dunha hora. Feliz inicio de curso! ATENCIÓN AO PÚBLICO DURANTE O MES DE AGOSTOEnviado por admin o Lun, 05/08/2024 - 05:15
05/08/2024 10:06
28/08/2024 10:00
Atlantic/Bermuda
Estamos recargando as baterías para arrancar no vindeiro curso con toda a enerxía que a atención á rapazada merece. Entre o 1 e o 27 de agosto, ámbolos dous incluidos, dispoñemos dun teléfono de atención, ademais do noso correo electrónico. A partir do 28 de agosto estaremos xa no centro no noso horario habitual. Grazas pola vosa comprensión.
Teléfono de atención: 698 17 31 31 E-mail: ies.diaz.castro@edu.xunta.gal
( categories: )
Libros de texto e material escolar para o curso 2024/25Enviado por admin o Lun, 15/07/2024 - 05:06
15/07/2024 09:58
Atlantic/Bermuda
Vimos de publicar na entrada do Instituto, como vén sendo habitual, a listaxe de libros de texto recomendados para o vindeiro ano. Igualmente, recordamos que, no sobre de matrícula ían os materiais escolares necesarios para o curso que vén. Neste sentido, queremos recordar algo:
VALES DA AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR 2024-2025Enviado por admin o Xov, 11/07/2024 - 04:18
A partir do venres 12 de xuño poderán recollerse no centro os vales correspondentes ás axudas para a adquisición de material escolar establecidas na ORDE do 7de maio de 2024 (DOG do 20 de maio).
VALES PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR A partir do 12 de xuño Horario de atención: de 10 a 13 h., de luns a venres
( categories: )
Foro da Comunidade de fin de cursoEnviado por admin o Lun, 24/06/2024 - 12:26
24/06/2024 17:20
Atlantic/Bermuda
O próximo día 26, mércores, ás 11.00 celebraremos o último Foro da Comunidade de este curso. A el podes acudir como profesor/a, pai/nai ou alumno/a... ou como calquera outro membro da comunidade educativa... Será unha xuntanza informal, mediada por un café, na que charlar sobre a marcha do propio foro, do curso, do centro... e retomar posicións para o próximo curso...
Contamos contigo! ENTREGA DE NOTASEnviado por admin o Lun, 24/06/2024 - 12:03
24/06/2024 17:01
Atlantic/Bermuda
A punto de pechar o curso 2023/24, temos pendente a entrega de boletíns coas cualificacións finais. Os titores e titoras recibirán aos seus grupos segundo este horario:
ESO E BAC: Día 25 ás 12.00 horas
FP: Día 26 ás 10:00 horas
Moita sorte con elas! Mellorando espazosEnviado por admin o Mar, 04/06/2024 - 14:56
04/06/2024 19:40
Atlantic/Bermuda
Como sabedes, levamos varios anos comprometidos coa mellora do espazo para facer do centro un lugar acolledor e, tamén, conseguir que o propio espazo sexa un axente para a aprendizaxe. O ano pasado comprometímonos a continuar na creación e consolidación dos sete espazos creados. Compartimos convosco os resultados das propostas de mellora:
RECUNCHO DA NATUREZA Este ano incorporamos a estación meteorolóxica (que permitiu a participación en Meteoescolas) e dimos unha nova vida aos carballos que estaban no invernadoiro, nun plan de acollemento noutros lugares, chamado "Adopta un carballo". Veremos como van medrando nas novas vivendas... Por outra banda, seguimos empregando os bancais (con importancia vital no eTwinning deste curso, ao igual ca estación meteorolóxica) para sementar e observar co obxectivo de crear un calendario fenolóxico e estudar a influencia do clima no crecemento. Outro dos elementos optimizado este curso foi a composteira, ben chea para abonar os nosos bancais e mesas de cultivo a fin de curso. Queres saber máis? “Y si cambia el clima... qué ocurre?”
ACTIVA A TÚA MENTE Desde a materia de disposición de centro, organizouse un interesante avance neste espazo: cada xoves a entrada converteuse nun lugar para o xogo de mesa e, con el, a socialización, a estratexia, o divertimento... Houbo, tamén, espazo para o xadrez, desde o departamento de matemáticas! Mirade, foi moi interesante!
ESPAZO CREATIVOS Esta foi, sen dúbida, a zona que modificou de xeito máis salientable. Con intervención de varias materias, de varios departamentos, coa axuda de alumnos voluntarios ou que prestaban servizos á comunidade, conseguimos mellorar a parte traseira do centro, este é o seu estado actual... e segue a renovación!
AULA SLOW Como proxecto de investigación na materia de disposición de centro para 1º de BAC, este é o espazo máis interesante dos creados... será capaz de modificar a nosa metodoloxía? seremos quen de deixar a présa fóra? Podes ver aquí o proceso de creación e os resultados da man dos protagonistas!
|
Eventos
MEDIACIÓN DÍAZ CASTROEnlace ao espazo de Mediación: contacto, novas, actividade...
XUNTA DE DELEGADOSEnlace ao espazo da Xunta de Delegados: actividade, contacto, novas... FORO DA COMUNIDADEEnlace ao espazo do Foro da Comunidade, o noso espazo de diálogo e toma de decisións. |