Teatro, poesía, música, danza, ximnasia rítmica......houbo de todo no Festival Axenda 21 que celebrou un ano máis o Instituto de Valga para defender o medio ambiente. Esta vez o tema foi o aire, e o lema, "Voa con nós". Un vendaval de actuacións fixeron desta iniciativa un éxito gracias á participación duns 80 alumnos e alumnas. Aí van algunhas fotos.
Houbo un afinado comezo gracias ós alumnos da Banda Municipal de Valga.
A profesora Blanca Barrio e alumnos de 4º elaboraron un enxeñoso decorado a base de caixas que foron rotando ó longo do festival: con elas amosaron cómo unha cidade contaminada e gris se convirte nunha cidade limpa e alegre.
Os flamantes presentadores, Sara Seco e Pedro Calvo.
Elvis García estivo estupendo como "Choiva Acida".
Adrián Castiñeiras, alias Nadal e Mourinho, fixo rir a todos na súa entrevista co "xornalista" Yago Brea.
Houbo unha fermosa interpretación do "Son do Ar" de Luar na Lubre.
Belén Barral e Jonathan Losas encandilaron coa súa versión do "Winds of Change", dos Scorpions.
Verónica Fernández e Lara Alvarez cantaron "Libre" de Nino Bravo, acompañadas ó piano por Maite Rodríguez.
Iria Varela leu a poesía "Aire da Galiza lembrante", escrita pola alumna de 2º ESO Antía Villar.
Javier Carballo e María Rodríguez dándoo todo no escenario.
Maite Rodríguez, de 3º ESO, interpretou a súa propia composición, "Voa con nós".
Zoe Santos amosou o seu talento para a ximnasia cunha preciosa coreografía.
Houbo moitas máis actuacións......baile, rap......e ó final, máis da metade do auditorio entre alumnos e profesores subiron ó escenario para cantar a famosa melodía italiana "Volare".
Noraboa e todos e todas.