Skip to Content

Alcaldías da contorna visitan o noso centro

O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, xunto coa alcaldesa de Pontecesures, Maite Tocino Barreiro, e o seu homónimo catoirense, Xoán Castaño Conde, visitaron as instalacións do IES Plurilingüe de Valga interesándose nos proxectos que se están a desenvolver, como o Bacharelato de excelencia en ciencia e tecnoloxía (STEMBach), o programa Polos creativos ou a oferta de ciclos formativos.

Trátase dos representantes dos concellos de procedencia da maior parte do alumnado do centro. Foi a primeira visita dos primeiros edís de Pontecesures e de Catoira. Tocino Barreiro manifestouse "gratamente sorprendida" polo equipamento do instituto e da súa forte aposta pola innovación, mentres que Castaño Conde lembrou a necesidade de establecer unha nova liña de transporte para dar servizo ao alumnado do seu concello que desexe cursar o Bacharelato ou os ciclos formativos no centro valgués. Pola súa parte, Bello Maneiro reiterou a disposición do Concello para colaborar co centro en todo o que estea ao seu alcance.

Xunto cos primeiros edís, asistiu tamén o tenente alcalde de Catoira, Raúl Gómez Pato, e a concelleira de Educación de Valga, Carmen Gómez Pardal. O director do centro, Eliseu Mera Quintas, agradeceu a visita insistindo na necesidade de integraciòn dun centro de ensino estea conectado coa súa controrna e de interlocución cos seus representantes. Lembrou tamén que, no mes de xaneiro, vaise realizar unha xornada de portas abertas para alumnado e familias de 4º da ESO para poderen coñecer as instalacións e o proxecto educativo do IES Plurilingüe de Valga.

AdxuntoTamaño
IMG_0659.JPG1.01 MB


blog | by Dr. Radut