Skip to Content

Conmemoramos o 8 de marzo: Día Internacional da Muller

8 marzo: Día Interncional da Muller

Hoxe 8 de marzo, conmemoramos o Día Internacional da Muller e que terá a súa continuidade con actos e actividades durante toda esta semana. O corredor da planta baixa está decorado como espazo de igualdade para ambientar esta conmemoración.

Este conxunto de actividades abriuse coa lectura por parte dun grupo de profesoras e profesores dun manifesto para declarar o noso centro como espazo libre de machismo, e que será levado ao Claustro do profesorado e ao Consello Escolar do centro.

Ademais comezou a proxectarse nos recreos, nese mesmo corredor, imaxes, música unido á declaración de espazo libre de machismo. Alí tamén se poderá ollar a exposición de  traballos do concurso “Nós, as mulleres”.

Nas aulas haberá diferentes concursos: “As Mulleres Filósofas”, “Quen é ela?”: concurso mulleres científicas ou a proxección de  curtas e outras actividades ao redor da igualdade.

Para finalizar a semana teremos con nós á directora de cine Xiana do Teixeiro para visionar e conversar arredor do seu filme  ”Tódalas mulleres que coñezo”.

Colaboran coa Videdirección, para que todo isto sexa posible, distintos departamentos como o de Orientación, Plástica e Visual, Filosofía, Bioloxía e Xeoloxía, Lingua Galega, Física e Química ou Lingua Castelá.

Manifesto espazo libre de machismo



page | by Dr. Radut