Skip to Content

Campaña de recollida de "Tapóns solidarios" no IES Valga

Campaña recollida de "Tapóns solidarios"

O IES Valga únese á campaña de recollida de tapóns solidarios co fin de axudar a Hugo un neno de 6 anos de Brión ao que lle diagnosticaron a enfermidade de Dent, unha doencia xenética que afecta ás funcións habituais dos riles. Trátase dunha enfermidade rara e está dentro das accións que ten en marcha a Asociación da Enfermidade de Dent (Asdent). Para tal fin, no vestíbulo do Centro hai un espazo habilitado para a recollida dos tapóns.

Dende o IES Valga esperamos a colaboración de toda a comunidade educativa para que esta campaña teña unha ampla repercusión.



page | by Dr. Radut