Os Pais, Nais ou Titores poden consultar as notas dos alumnos mediante o Espazo Abalar.

Para elo deben identificarse no sistema. Teñen dous posibilidades:

  • 01-Empregando o DNI electrónico.


É o método máis sinxelo. Para empregar este método debemos:

  1. Posuír un DNI electrónico (a partir de agora DNI-E) e coñecer o seu PIN.
    Se non coñecemos o PIN debemos acudir a un punto de expedición do DNI para obter un novo (máis información).
  2. Ter un lector de DNI-E
    Pode estar integrado no teclado ou conectarse por USB. Poden atoparse por 15€.
    Lector DNI-E Fonte: http://www.quickinformatica.net

    Para máis información sobre o DNI-E


  3. Ter o lector do DNI-E correctamente instalado no noso equipo. O normal que o recoñeza automaticamente, pero pode que teñamos que instalar algún software (driver).

  4. Instalar un programa (Driver) da policia
    Imos á páxina do DNI-E e descargamos un asistente de instalación que automatiza o proceso de instalación en tódolos nosos navegadores.
    • Instalación en Debian:
    • A instalación neste sistema operativo pode requirir uns coñecementos de computación. Podemos consultar o seguinte titorial.
    • Resolución problemas en Windows:
    • En caso de que o asistente de instalación da policía non funcionase correctamente podemos probar o seguinte.
  5. Xa podemos acceder a web do Espazo Abalar,
    • Inserimos o DNI-E no lector correspondente,
    • Prememos a ligazón e pediranos o noso PIN para acceder ó Espazo Abalar.
  • 02-Empregando o certificado dixital da Fábrica de Moeda e Timbre (FNMT).



Este método non emprega o DNI-E polo que ten a vantaxe de que non necesitamos un lector de tarxetas. Como inconveniente comentar que pode ser un pouco máis complicado de configurar.
Para empregar este método debemos posuír un certificado dixital da FNMT. Se non o temos podemos obtelo seguindo os seguintes pasos:
  1. Solicitar o certificado dixital da FNMT.
    Podemos solicitalo por Internet aquí
    O terminar este paso obtemos un código. O certificado asociase o noso NIF.
  2. Acudir a unha oficina de rexistro para acreditar a nosa identidade.
    Debemos dirixirnos a unha oficina da Seguridade Social ou a unha delegación da AEAT. Podemos atopar a oficina máis próxima aquí.
    Para acreditar a nosa identidade necesitamos o NIF e o código que obtivemos no paso 1.
  3. Descargar o certificado do noso usuario.
    Unha vez acreditada a nosa identidade podemos descargar o noso certificado aquí. Empregamos o noso código e o noso NIF e descárgase e instálase o noso certificado no noso equipo e no noso navegador.
Nota: Todo este proceso debe realizarse dende o mesmo equipo, co mesmo usuario e o mesmo navegador.

Só podemos empregar o noso certificado dende o noso equipo e co navegador que fixemos o proceso. Para empregalo noutro equipo ou navegador, teríamos que exportalo previamente e logo importalo nese ordenador ou equipo.
Se temos o certificado instalado nun equipo accedemos sen ningún tipo de PIN. Debemos instalar o certificado só en equipos de emprego privado.

Última modificación: martes, 13 de setembro de 2016, 11:39 AM