Esquema II República e Guerra Civil.
RESUMO TEMAS 8
1. A II REPÚBLICA (14 abril 1931- 18 julio 1936).
a. CONTEXTO INTERNACIONAL:
i. ASCENSO FASCISMO E NAZISMO (1933 victoria de Hitler)
ii. CRACK 29 E GRAN DEPRESIÓN
b. PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA:
i. ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE 12 ABRIL DE 1931:
- Triunfo da coalición republicano socialista
- Exilio de Alfonso XIII
- Proclamación da II República o 14 de abril
c. GOBERNO PROVISIONAL (14 abril-28 xuño 1931)
i. GOBERNO REPUBLICANO SOCIALISTA:
- Toma do poder e relevo das autoridades monárquicas pacífica
- Xefe do goberno: Alcalá Zamora
ii. MEDIDAS DE URXENCIA:
- Primeiras medidas lexislativas: amnistía xeral, liberdades e deseño reformas.
- Pacto coas autoridades de Cataluña para iniciar un proceso autonómico (resposta a declaración de Maciá do Estado Catalán)
- Eleccións a Cortes Constituíntes (presididas por Xulián Besteiro do PSOE, xuño 1931): triunfo das esquerdas
d. FORZAS SOCIAIS E POLÍTICAS DA REPÚBLICA:
i. CRISE ECONÓMICA ADVERSA
ii. SOCIEDADE DIVIDIDA E ENFRONTADA: desequilibrios sociais, enfrentamentos grupos poder tradicionais e novos grupos políticos, ameaza costantes da revolución social…
iii. GRUPOS POLÍTICOS:
- AUTORITARIOS: fascistas, monárquicos
- DEREITAS: agricultoer, CEDA, pnv….
- REPUBLICANOS: dereita, centrodereita, esquerdas.
- ESQUERDAS: socialistas, comunistas, anarquistas.
e. BIENIO REFORMISTA(28 xuño 1931-1933): protagonistas: republicanos e socialistas.
i. GOBERNO DE ESQUERDAS
- Presidente da República: Alcalá Zamora
- Xefe do goberno: Manuel Azaña
- Elaboración da Constitución de 1931: sen consenso, moi progresista, república de traballadores de todas as clases, república parlamentaria,plena separación de poderes, cortes unicamerais, sufraxio universal, laica, recoñecemento autonomía….
ii. REFORMAS
- RELIXIOSA:
a. Loita conservadores vs. Anticlericais
b. Estado laico: separación igrexa.estado, matrimonio civil, divorcio, educación laica…
- MILITAR: oposición da dereita
a. Dirixida por Azaña
b. Obxectivos: eliminar o poder político dos militares, reducir o número de oficiais e corpos e aumentar a eficacia do exército.
c. Medidas: fidelidade, fin lei 1906, supresión Academia Zaragoza
d. Cración garda de asalto
- AGRARIA: oposición xeralizada: terratenentes, campesinos, xornaleiros…
a. Propietarios vs goberno (republicanos vs socialistas) vs anarquistas e xornaleiros
b. Decretos: termos municipais, laboreo forzoso, prolongación contratos arrendamento, melloras sociais…
c. Reparto terras: Lei de Bases 1932 e Lei de intensificación de cultivos, xestión: IRA.
- EDUCATIVA
a. Obxectivo: disminuir o analfabetismo e crear cidadáns libres e responsables.
b. Medidas: creación de escolas, mellora formación profesorado, educación adultos, creación de centros de investigación, recoñecemento das linguas do estado….
c. Institucións: as Misións pedagóxicas e a Barraca.
- AUTONÓMICA:
a. Estado integral compatible coa autonomía dos municipios e das rexións.
b. Recoñecemento autonomía: proposición pola mayoría de concellos, aprobado por dos terzos da poboación votante e aprobado polas Cortes.
c. Setembro 1932:
i. recoñecemento do Estatuo Catalán: Generalitat, facultades lexislativas, facenda, educación, orde pública (Mossos d´esquadra).
ii. Protagonistas: Esquerda Republicana Catalana
iii. Presidente Francesc Maciá (diciembre 1933) e Lluis Companys.
iii. PROBLEMAS:
- SUBLEVACIÓN DE SANJURJO
a. Agosto 1932 levantamento militar de Xosé Sanjurjo en Sevilla apoiado por militares, latifundistas e monárquicos.
b. Rápidamente controlado polo goberno, aproveitó para aprobar o Estatuto Catalán, expropiar terras dos implicados e aprobar a Reforma Agraria.
- CONFLICTIVIDADE SOCIAL:
a. Obstaculos as reformas:
i. Propietarios
ii. Sindicatos: folgas, manifestacións, ocupación de terras: “Casas Viejas” (10-xaneiro-1933: influencia do anarquismo, proclamación do comunismo libertario, colectivización e dura represión)
iii. Revolucionarios d esquerda: queren a fin da “república burguesa”
- REORGANIZACIÓN DAS DEREITAS:
a. Fascistas: unidade de España, superioridade do Estado, rechazaban o parlamentarismo e a democracia, violentos, anticomunistas: JONS (Onésimo Redondo, Ledesma Ramos)- FE (P. Rivera)
b. Monárquicos autoritarios: monarquía e tradición: Renovación Española (Calvo Sotelo)
c. Dereita católica: defensa do catolicismo, da familia, da patia, da tradición…: CEDA (Gil Robles)
- RUPTURA DA COALICIÓN GUBERNAMENTAL:
a. División entre republicanos socialistas: eleccións para o 18 de novembro.
b. Dimisión de Azaña en setembro, presidente Lerroux que tamén dimite.
c. Victoria da CEDA e do Partido Republicano de Lerroux.
f. BIENIO CONSERVADOR (1933-1935): protagonistas: CEDA e republicanos radicales.
i. GOBERNO DE CENTRO DEREITA:
- Presidente da República: Alclá Zamora
- Xefe do goberno: Alejandro Lerroux.
ii. MEDIDAS:
- Paralización das reformas (agraria, militar, autonómica…)
- Respostas:
a. Anarquistas e socialistas forman Alianza Obreira.
b. Tensión social no campo anadluz e catlán (Lei de contratos de cultivo)
c. Folgas de obreiros industriais.
iii. OS SUCESOS DE OUTUBRO: iniciados polo ascenso da CEDA no goberno.
- Folga xeral do 5 de outubro: UXT, anarquistas e comunistas.
- Estado Catalán: declarado por Companys, rápido control e detencións.
- Revolución de Asturias: levantamento das forzas proletarias (UHP) e creación de comités revolucionarios que controlaban a rexión (comunas, ditadura do proletariado). Durísima represión e xiro a dereita do goberno.
iv. ELECCIÓNS FEBREIRO:
- Escándalo do estrperlo e dimisión de Lerroux
- Gobernos de centro: Chapaprieta e Valladares.
- Crise e convocatoria de eleccións para o 15 de febrero.
a. División dereitas: CEDA, Renovación Española, Falanxe…
b. Unión esquerdas: Fronte Popular
g. FRONTE POPULAR (FEBREIRO-XULLO 1936): protagonistas: todos os grupos de esquerdas.
i. FEBREIRO:
- Triunfo Fronte Popular
- Xefe República: Azaña (destitución de Alcalá Zamora)
- Xefe de goberno: Casares Quiroga (non socialistas no goberno).
ii. REFORMAS: amnistía dos presos políticos, reinicio das reformas do bienio de esquerdas, lei agraria, estatuto catlán, traslado de Franco a Canarias e de Goded a Barcelona.
iii. PROBLEMAS: desorde, caos, violencia….
- Sindicatos e partidos obreiros: lentitude
- Auxe dos fascismos: aumento afiliados a Falanxe e violencia.
iv. ESTATUTOS:
- Vasco:
a. 1931-1932: intento do PNV, rechazo de Navarra.
b. 1933-34:rechazo de Álava.
c. Outubro 1936: aprobación nas Cortes, aplicación so nas zonas republicanas.
- Galego:
a. 1931-32: comenzó dos debates e aprobación en Santiago
b. 1933: o novo goberno suspende os debates autonómicos.
c. Xuño 1936: aprobación dos galegos pero non discusión en Cortes
v. CONSPIRACIÓN MILITAR: Mola prepara o plan: levantamento dende África seguido por levantamentos graduados na península.
vi. RADICALIDADE POLÍTICA:
- Enfrontamentos cada vez máis violentos das distintas ideoloxías.
- Asesinatos políticos: o 12 de xullo a extrema dereita asesina a Xosé do Castelo (tenente Gardas de asalto) o día seguinte morre Calvo Sotelo.
vii. 17 xullo: levantamento en Marrocos, 18 de xullo levantamento na Península.
TEMA 8: GUERRA CIVIL (1936-1939)
1. O ENFRONTAMENTO BÉLICO
A. A SUBLEVACIÓN MILITAR
a)Sublevación en Melilla
b) Franco xefe da sublevación en Marrocos
c) Sublevación na Península:
1. Triunfo en Pamplona, Sevilla, Burgos, Zaragoza
2. Fracaso: en Barcelona, Madrid, Valencia, Oviedo
3. Galicia: triunfo dos sublevados (resistencia en A Coruña, Vigo e Ferrol)
B. A CONFIGURACIÓN DOS BANDOS
a)INDECISIÓN DO GOBERNO REPUBLICANO
1. Casares Quiroga:
a. Disolución dos corpos sublevados
b. Negativa a entregar armas ó pobo
c. Medo a revolución social
2. Intentos de negociación de Martínez Barrio
3. Giral entrega as armas a poboación
b) A DIVISIÓN DO EXÉRCITO
1. Terra: xenerais (república), oficiais (rebeldes)
2. Mariña: amotinamento e control polos mariñeiros
3. Aire: fieis a República
4. Garda Civil: rebeldes
5. Garda de Asalto: república
c) TRAZOS XERAIS
1. División de España en dous bando irreconciliables: nacionais e republicanos
2. Nacionais: zonas de votantes tradicionais da dereita
3. Republicanos: zona de maior influencia da esquerda
4. Casos de Sevilla (Queipo de Llano) e Zaragoza (Cabanellas)
5. División do País Vasco entre carlistas e nacionalistas.
6. Características:
a. Guerra ideolóxica: fascismo –democracia/ cristianismo-comunismo
b. Guerra total(implica toda a poboación):
i. Nacionais: o exército e a columna do réxime
ii. Republicanos: as organización obreiras
c. Implica unha loita social e de clases
d. Combinación de guerra moderna e arcaica.
d) INTERVENCIÓN ESTRANXEIRA:
1. Comité de NON INTERVENCIÓN
2. Axudas o bando nacional:
a. Alemaña: barcos e avión, Lexión Cóndor
b. Italia: material bélico e voluntarios, Camisas Negras.
c. Portugal: paso de armas e víveres, voluntarios: Os Viriatos.
3. Axudas o bando republicano:
a. Francia: contrabando de armas e recrutamento de voluntarios.
b. Gran Bretaña: defensora do Comité de non Intervención
c. México: envío de armas, acollida de exiliados.
d. URSS: armas, víveres e especialistas. Acollida: os nenos da guerra.
e. As Brigadas Internacionais: solidariedade internacional coa esquerda.
f. Combatentes voluntarios (Malraux, Hemingway, Orwell)
g. Destacado papel na defensa de Madrid.
2. AS OPERACIÓNS MILITARES
A. A GUERRA DE COLUMNAS (XULLO-OUTUBRO 36)
a)Bando republicano: saída desorganizada cara ás zonas nacionais.
b) Bando nacional:
1. Consolidación das posición
2. Cruce do estreito
3. Camiño da Prata cara o Norte
4. Resistencia de Badaxoz
5. Desvío cara a Toledo (resistencia do xeneral Moscardó)
B. A LOITA POR MADRID (NOVEMBRO 36-MARZO 37)
a)Cerco de Madrid e traslado do goberno a Valencia
b) Formación da Xunta de Defensa: Xosé Miaja e Vicente Rojo.
c) Batallas da Estrada de Coruña, Jarama e Guadalajara.
d) Resistencia das milicias co apoio das Brigadas Internacionais.
C. A CAMPAÑA DO NORTE (ABRIL-OUTUBRO 37)
a)Apoio italiano e alemán (Lexión Cóndor- Guernika)
b) Conquista polos nacionais de Bilbao, Santander e Asturias.
c) Controfensiva republicana: Belchite e Brunete.
D. OFENSIVAS REPUBLICANAS (NOVEMBRO 37- NOVEMBRO 38)
a)Intensificación do envío de armamento soviético.
b) Ofensiva de Teruel.
c) Batalla do Ebro.
E. CAÍDA DE CATALUÑA E FIN DA GUERRA (DECEMBRO 38- ABRIL 39)
a)Ofensiva sobre Cataluña e conquista de Barcelona
b) Golpe de estado de Casado en Madrid
c) Intento de negociación cos sublevados
d) Entrada das tropas en Madrid
e) Parte do fin da guerra (01-04-39)
F. CONSECUENCIAS DA GUERRA
a)Arredor de 600.000 mortos
b) Danos materiais moi cuantiosos. Cidades e industrias.
c) Redución brutal dos niveis de produción agrario e industrial
d) Exilio Francia e América.
e) Instalación dun sistema ditatorial
3. A REPRESIÓN
A. Intento de cada bando de eliminar ó contrario
B. Actos de violencia, represión e terrorismo
C. Mestura de vinganzas persoais e terrorismo político
D. ZONA REPUBLICANA
a)Descontrol das institucións do estado
b) Actuación vingativa das milicias nacionais
c) Vítimas: militares, clero, políticos de dereitas, empresarios, terratenentes…
d) Checas: cárceres do pobo
e) Execucións sen xuízo (José Primo de Rivera)
f) Paseos, fusilamentos do cárcere modelo, execucións de Paracuellos de Jarama.
E. ZONA NACIONAL
a)Represión sistemática e organizada para crear un clima de terror
b) Vítimas: autoridades civís e militares e simpatizantes da República
c) Depuración de tódolos elementos potencialmente perigosos
d) Paseos, Leis de Fugas, xuízos sumarísimos sen garantías procesais
e) Matanzas masivas (Badajoz, Málaga), traballos forzados (Val dos Caídos), campos de concentración.
4. GOBERNO
A. ESPAÑA REPUBLICANA: fragmentación do poder, diminución da autoridade do estado, control de moitas zonas polos comités revolucionarios.
a)GOBERNO DE JOSÉ GIRAL (19-7 a 4-9-36)
1. Dimisión de Casares Quiroga e Martínez Barrio
2. Goberno formado por republicanos de esquerda
3. Incapaz de facer fronte á fragmentación do poder do estado
4. Descontrol das organizacións proletarias
b) GOBERNO DE FRANCISCO LARGO CABALLERO (5-9-36 a 17-5-37)
1. Goberno de concentracións (republicanos, socialistas, comunistas e anarquistas)
2. Dificultades no señalamento das prioridades
a. Primeiro a guerra: PCE e un sector do PSOE
b. Primeiro a revolución: POUM, CNT e FAI.
3. Reforzamento da intervención económica do Estado
4. Uso das reservas de ouro para os gastos da guerra
5. Guerra Civil en Barcelona: PCE vs. POUM-CNT-FAI
c) GOBERNO DE JUAN NEGRÍN(17-5-37 a 5-3-39)
1. O PCE convertese na forza hexemónica de esquerdas
2. Forte control do exército e reforzamento da autoridade gobernamental
3. Grandes ofensivas de Teruel e Ebro
4. Intento de negociación: 13 puntos de 1938
5. Política de resistencia a ultranza
6. Plano económico e social:
a. Garantir a propiedade da terra para os que traballan
b. Municipalizas or servizos urbanos
c. Mellora nas condicións do proletariado
d. Libre elección entre o traballo colectivo e individual da terra.
d) AS AUTONOMÍAS
1. Cataluña: perda do control por parte da Generalitat a favor dos anarquistas; formación dun consell da Generalitat: ERC, OSUC, POUM, CNT.
2. País Vasco: mantenemento do control do goberno polo PNV
e) TRALA DERROTA MANTENEMENTO DAS INSTITUCIÓNS NO EXILIO. FIN EN 1977 CON FERNANDO VARELA
f) A REVOLUCIÓN SOCIAL
1. CATALUÑA:
a. Abandono de explotacións agrarias e industriais
b. Planificacion da Generalitat: modificación de salarios, horarios e alugamentos urbanos; autoxestión das empresas industriais, control da CNT dos servizos públicos; colectivización de determinadas industrias e propiedades rústicas.
2. ANDALUCIA E ARAGÓN
a. Intensa colectivización das terras
b. Apoio fundamental da CNT e POUM
c. Supresión do diñeiro e control e planificación da produción.
3. TRANSFORMACIÓNS NA VIDA COTIÁ
a. Proletarización da vida
b. Liberalización progresiva da muller (traballo, milicias..)
c. Cambios sociais (nomes de persoas) e artísticos (carteis).
B. ESPAÑA SUBLEVADA: INSTITUCIONALIZACIÓN DO RÉXIME
a)XUNTA DE DEFENSA NACIONAL EN BURGOS
1. Coordinación militar e civil baixo un mando único
2. Funcións administrativas e políticas
3. Posta fora da lei de tódalas forzas políticas e sociais adictas á Frente Popular.
b) A XEFATURA DO ESTADO EN MANS DE FRANCO
1. Morte de San Jurjo, Primo de Rivera a e Mola
2. Éxitos militares e contactos internacionais
3. Franco Xefe do Estado 1-10-36
4. Xunta Técnica a modo de goberno
5. Xaneiro de 1938: Primeiro goberno de Franco:
a. Autoridades, xerarquía e orde.
b. Ideario de Falanxe
c. Apoio do exército, igrexa, extrema dereita e clases medias.
d. Abolición dos estatutos de autonomía, uniformidade na lingua, supresión de sindicatos, patróns e obreiros baixo a mesma organización.
c) ESTABLECEMENTO DO PARTIDO ÚNICO
1. Franco: Xefe do Estado, Xeneralísimo dos exércitos e Xefe do Movemento
2. Movemento Nacional a partir de FE-JONS
3. Feble oposición de Hedilla, monárquicos e tradicionalistas.
d) A CONTRARREVOLUCIÓN
1. Contrarreforma agraria
2. Supresión do réxime de concertos (Biscais e Guipúscoa)
3. Mantemento dos concertos en Álava e Navarra (aliados)
4. Intervención na economía(produción agraria e industrial)
5. Derrogación da lei de divorcio e matrimonio civil
6. Restablecemento da pena de morte
7. Forte censura da prensa
8. Reconstitución da Compañía de Xesús
9. Derrogación de boa parte da lexislación educativa.