INDUSTRIALIZACIÓN, SETEMBRO 2001

Os seguintes documentos serven de base para realizar unha composición sobre o desenvolvemento económico español no século XIX, centrando a atención na industria. Como punto de partida, o Doc .1 chama a atención sobre o contraste centro-periferia . O Doc .2 permite comentar as características do desenvolvemento ferroviario español , tanto no seu papel de artellador do mercado interior como de incentivador de diversas actividades económicas , mentres os Docs.3 e 4 atenden respectivamente a dous sectores clave, como son o siderúrxico e o téxtil . Por último, o Doc .5 complementa a información subministrada nos anteriores e permite realizar unha valoración global do desenvolvemento decimonónico .

CRITERIOS DE CORRECCIÓN.

  • A localización esencialmente periférica da industria española, os desequilibrios rexionais que presenta e a inexistencia dunha capital política válida para promover o desenvolvemento económico español (Doc. 1).
  • A importancia do ferrocarril (Doc. 2) como medio de articulación dun mercado nacional, lastrado no caso español polos criterios seguidos no deseño da rede e as dificultades que o seu desenvolvemento atopou.
  • Os sectores siderúrxico e téxtil (Docs. 3 e 4) como exemplos de desenvolvemento industrial, atendendo á súa localización xeográfica e evolución.
  • Valoración global do esforzo industrializador na España do século XIX, aludindo á controversia historiográfica sobre a cuestión.
  • É pertinente que aparezan alusións a asuntos non mencionados nos documentos, pero que se vinculan ou condicionan o desenvolvemento industrial: o debate librecambismo/proteccionismo, o desenvolvemento da banca, a escaseza de materias primas, o deficiente mercado interior...

INTRODUCIÓN.

PRESENTACIÓN DOS DOCUMENTOS.

Doc. 1. Histórico-económico.

Doc. 2. Mapa económico: desenvolvemento medios de transporte- ferrocarril.

Doc. 3. Mapa económico: desenvolvemento industrial-siderúrxia.

Doc.4.Gráfico ecónómico: desenvolvemento idustrial-siderúrxia.

Doc. 5. Historiográfico económico.

CONTEXTO HISTÓRICO:

• Antecedentes: – Liberalismo XIX – Industrialización e Revolución Industrial

• Características:

– Características xeráis da economía española do XIX: dificultades e limitacións no desenvolvemento

• Escasez de materias primas, debate proteccionismo librecambismo, desenvolvmento da banca, dificultades comercio interior….

• Etapas da economía ó longo do XIX.

ANÁLISE.

• Doc.1.-En 1843, Jaime Balmes expoñía a escasa capacidade da capital do Estado para servir de motor do desenvolvemento económico español :

“Cabalmente temos en España un atranco gravísimo que inflúe máis do que se cre en paralizar o noso desenvolvemento e en facer inútiles os mellores desexos. A vida de España está nas extremidades ; o centro está exánime, fraco, frío, pouco menos ca morto. Cataluña, as provincias Vascongadas, Galicia, varios puntos do mediodía, ofrécennos un movemento, unha animación da que non participa o corazón de España. Londres é digna capital da Gran Bretaña, París, de Francia; na actividade, na vida da que rebordan aquelas cidades vedes as indispensables condicións da cabeza dun gran corpo. En Madrid e en tódolos arredores a longuísima distancia nada parello atoparedes. Nin agricultura, nin industria, nin comercio”.

1. Contrastes centro-periferia (tedes que misturar coñecementos) e causas deste desigual desenvolvemento.

2. Situación de Madrid: capital, nobreza, alta burguesía… Pouca capacidad da capital (política e económica) para o desenvolvemento.

Doc.2.-O seguinte mapa amosa as liñas ferroviarias construídas en España entre 1848 e 1868: MAPA DO FERROCARRIL.

• desenvolvemento ferroviario español , tanto no seu papel de artellador do mercado interior como de incentivador de diversas actividades económicas • Breve descripción o alusión ó mapa.

• Etapas construción, características, dificultades (radial, xeografía, capital extranxeiro…).

• Importancia: mercado e industria (siderurxia, madeira…)

• Vinculación co desenvolvemento da banca (o ferrocarril ou o propio desenvolvemento industrial)

Doc.3.-Principais instalacións siderúrxicas en 1866 e Doc.4.-Importación de algodón en rama pola aduana de Barcelona (en milleiros de toneladas): MÁIS FÁCIL DESENVOLVELOS XUNTOS.

• Breve descripción do mapa.

• Retomar idea centro-periferia e explicar as características das rexións e das industrias.

• Entre 3 e 4 tedes que explicar:

– Fortes desequilibrio rexional

Zonas urbanas , industriais, competitivas,desenvolvidas

Zonas atrasadas, rurais e agrarias e non desenvolvidas

– Ind. Téxtil: máis profundidade en Barcelona (comentando o gráfico) (contraposición con Galicia por exemplo, industria do liño).

– Ind. Siderúrxica e demais: País Vasco, Asturias, Andalucía…. Características e evolución sempre que se coñeza.

Doc.5.-O historiador Gabriel Tortella valora así o esforzo industrializador na España do século XIX:

“Hai no século XIX español un número elevado de esforzos a prol da modernización do país. Por unha banda temos os esforzos privados da clase empresarial catalana por crear unha base industrial no principado. Por outra están os repetidos intentos progresistas por sentar as bases políticas e lexislativas dunha sociedade moderna , é dicir, industrializada e tecnificada . O século XIX non foi en España de absoluto estancamento: en Cataluña, e en especial en Barcelona, desenvolveuse unha notable industria; o país levou a cabo a desamortización e a construcción da rede ferroviaria ; reformouse a educación, o sistema monetario e bancario, os impostos; instituíuse definitivamente o orzamento; sentáronse as bases da industria siderúrxica, etc . Pero en total a tan cacarexada revolución industrial non tivo lugar ”.

• Complementa a información subministrada nos anteriores docmentos e permite realizar unha valoración global do desenvolvemento decimonónico .

• Desenvolver ideas Tortella : patrón latino (lentitude, tardanza, menor profundidade…)

• Si se coñece: Nadal: fracaso da revolución industrial (falar do debate historiográfico).

• Serve para facer as conclusións ou valoración final.

CONCLUSIÓNS

CURTO PLAZO

• Non revolución industrial pero si industrialización ( según ideas Tortella ).

• Vinculación co liberalismo.

• Desenvolvemento movemento obreiro

LONGO PLAZO

• Continuación no século XX (REMATADE SEMPRE CUNHA REFERENCIA Ó QUE VAI OCURRIR INMEDIATAMENTE DESPOIS) lento desenvolvemento da industria e da economía. Periodos de benestar económico baixo o goberno de Primo de Rivera pero non será ata o Franquismo cando se complete o proceso de modernización e desenvovlemento industrial.

Última modificación: martes, 13 de setembro de 2016, 11:39 AM