Intercambios esolares: documentación necesaria e recomendacións.

https://lh5.googleusercontent.com/WdD5RrOPjMAjHddTZK7IGNy-c3IHs7QyS50Bra-NjK8mumkeYWIqUx62mS6S_c-jCpRXEZ_1NRgGayS6vg5SsOjD2S7NmqdFLhr3iDIfgjYCIVQlKSZ7mPGFJYqy0iOvtsMdV9bu

Se vas a realizar un intercambio escolar ou unha viaxe o estranxeiro convén que revises a documentación que precisas . Logo deberías facer unha lista coas cousas que queres levar. Planifica ben, anota todo o que necesitas e o que penses che pode axudar, incluído roupa e outros elementos persoais. Logo cando esteas alí non poderás collelos! 

Ao ser menor de idade precisarás do consentimento dos teus pais ou titores/as legais, que deberán asinar parte da documentación. 

Ademais da documentación normal (DNI, pasaporte, seguro, tarxeta sanitaria europea, etc.) precisarás tamén un permiso da Garda Civil a saída de menores ao estranxeiro.

 Documentación

  • Documento de Identidade (DNI) e/ou Pasaporte.  Se vas viaxar ao Reino Unido tamén tes que levar os dous documentos. 


Diñeiro en efectivo e tarxetas bancarias

Non todos os países da U.E. teñen o Euro, polo que se, por exemplo, vas ao Reino Unido deberás usar libras (£). Comproba aquí se o teu país de destino usa o Euro ou non.

Non é recomendábel que leves moito diñeiro encima.  En caso de non usarse o Euro deberías cambiar previamente nun banco á moeda local.

 Os bancos soen cobrar comisión por retirar diñeiro nos caixeiros, polo que consulta na túa oficina que posibilidades tes para que non o fagan. Hai bancos e caixas que teñen ofertas para estudantes e poden retirar até 5 ou 10 veces sen que lles cobren comisión. Vai á oficina bancaria do teu banco ou caixa habitual e pregunta ou negocia este aspecto. 


Medicinas

Se necesitas tomar medicamentos con receita ou algún tratamento específico non te esquezas de levalos na maleta, xa que non sempre é fácil encontrar todos os medicamentos noutros estados. Consulta ao teu especialista médico a viaxe que vas facer para que che oriente e axude. Convén, tamén que leves unha pequena caixa de urxencias co material básico (por exemplo):

  • Gasas estériles

  • Tiras adhesivas (tirita)

  • Esparadrapo de papel (hipoalerxénico)

  • Antiséptico tipo povidona iodada.

  • Medicamentos: antiinflamatorios e/ou antipiréticos.


Roupa e accesorios

Dependerá da época do ano na que viaxes e a duración da túa estancia. Porén, hai unha serie de prendas e accesorios imprescindíbeis en calquera época do ano: chuvasqueiro, paraugas, calzado cómodo, roupa de abrigo (xerseis, sudadeiras, bufandas, chapeus e luvas). Especialmente se o teu destino é o norte de Europa debes lembrar que o inverno é moito máis frío que aquí, con temperaturas que poden baixar de 0ºC.  Consulta a previsión do tempo para a túa estadía.

Aparellos eléctricos

Se precisas levar algún pequeno electrodoméstico: secador pelo, cepillo de dentes,.. Deberías revisar os tipos de enchufes, xa que non en todos os estados da U.E. as fichas dos aparellos electrónicos son como as nosas de dupla entrada. Na Irlanda, Reino Unido, Italia e Chipre (ademais de Suíza, que non está na UE) as entradas son diferentes, polo que deberás levar un adaptador.O voltaxe, pola contra é igual en todos, de 230V. 


Comida envasada

Tes que valorar se és unha persoa con dificultades para adaptarte a gustos e sabores ou se tes algún problema de intolerancia e/ou alerxias. Nestes casos poderías considerar levar algo de comida envasada contigo. Para os demais, aproveita a experiencia e descobre novas cousas!


Se tes outras dúbidas podes consúltarllas ao profesorado encargado de realizar a actividade.

 

 

Última modificación: Mércores, 5 de Febreiro de 2020, 17:20