TEMA 6- A RESTAURACIÓN

 Cando en 1875 comeza a etapa que se denomina Restauración, se reinstaura tamén o liberalismo doctrinario que fora vencido en España no ano 1868 e volve ó poder a burguesía conservadora e latifundista que apoiara anteriormente ós moderados.

 Unha ollada rápida ó último cuarto do século XIX danos a impresiòn de que a característica máis importante da Restauración é a estabilidade: non se produce ningún pronunciamento militar importante, conséguese a pacificación do norte carlista, a Constitución de 1876 ten un longo periodo de vixencia. Sen embargo, un análise máis profundo nos advirte que a tendencia á estabilidade é xeral na Europa de fines do século XIX e foi conseguida mediante o fortalecemento dos instrumentos de poder do Estado: armamento e burocracia perfeccionados, novos e rápidos sistemas de comunicación (telégrafo, ferrocarril). Ó mesmo tempo obsérvase que tanto en España coma no resto de Europa, prodúcese un forte avance da democracia, plasmado na progresiva adopción do sufraxio universal, algo que significou a participación no xogo político dun conxunto de persoas e que na maioría das veces non fóran preparadas. Este era o caso concreto de España, onde ó iniciarse a Restauración máis do 70 por 100 dos españois eran analfabetos.

Prodúcese, por tanto, un desaxuste entre a tendencia á estabilidade e a posta en marcha do libre xogo democrático. Antes de terminar o século ese desaxuste produciu xa o inicio da crise da Restauración, crise que se fará patente nas dúas primeiras décadas do século XX.

A Restauración extenderase dende 1875 ata 1923. A primeira etapa corresponde ó reinado de Alfonso XII (1875-1885); a segunda etapa corresponde coa rexencia de María Cristina (1885-1902) e a segunda fase da Restauración é o reinado de Alfonso XIII (1902-1923).

A- ESTABLECEMENTO DA RESTAURACIÓN1874-1902

A-1.-O MANIFESTO DE SANDHURST

 En 1874, mentres Serrano busca a estabilidade do país, prodúcense dous feitos transcendentes:

· Cánovas prepara a restauración monárquica constitucional, creando o partido alfonsino (composto polos liberais conservadores) e presionando a Isabel II para que abdique no seu fillo (Alfonso XII). Para logralo Cánovas fixo que Alfonso XII publicara o Manifesto de Sandhurst (nome da academia militar inglesa, onde Alfonso preparábase), neste manifesto promete a restauración, democrática, católica e sen represalias. A instauración dun novo monarca fai que existan diferentes alternativas, en primeiro lugar inténtase a implantación novamente de Isabel II como figura rexia alternativa que non contará con moitos apoios; en segundo lugar estará a alternativa do cuñado da Raíña Montpensier que tampouco contará con moitos apoios; outra das alternativas será a instauración da casa dinástica Hogenzöller, mentras que os republicanos buscan a continuación da República de Serrano. Este proceso aclárase no momento no que Isabel II cede os seus dereitos dinásticos en favor do seu fillo Alfonso. Éste responde a un perfil político máis ben constitucional, dando así especial importancia o proceso de consolidación dun novo texto constitucional cando chegue ó trono. Este proceso nace como resposta as medidas e ensaios políticos que se levaran a cabo durante o Sexenio. O sistema político que pretende o partido alfonsino defínese por varios rasgos: a restauración monárquica da dinastía borbónica, acadar un sistema político liberal-doctrinario e defendía un orde social de características tradicionais (apoiándose en sectores coma a nobreza, as clases medias intelectuais ou os sectores comerciais...)

· Ademáis, desta preparación política e teórica hai unha trama militar e social que favorece á Restauración. O apoio militar foi bastante importante. Había varios militares que querían participar no proceso. Finalmente a Restauración foi decidida polo pronunciamento de finais do ano 74 polo xeneral Martínez Campos en Sagunto o 29 de decembro. Tralo pronunciamento existían varias solucións, algo que se derime debido ó poder que ten o partido Alfonsino que aglutinará diversos sectores da sociedade. Un dos máis importantes apoios foi o do mundo dos negocios (sobre todo a Alta burguesía catalana), polos seus intereses no comercio Antillano, sobre todo debido a importante índice de exportacións cara Cuba. Cánovas neste proceso terá como “amigo político” a un núcleo de conservadores burgueses catalanes (con especial protagonismo económico) liderados por Durán i Bas. Este grupo acada un importante número de apoios para o partido alfonsino. Así comezará a Restauración co Ministerio de Rexencia ata o ano 1881, momento no que comezará verdadeiramente o turnismo de partidos. As medidas que se tomarán tratan de restaurar e abolir medidas do Sexenio.

A-2.- AS FORZAS SOCIAIS ANTE A RESTAURACIÓN

Cánovas recibiu o apoio de 4 sectores da poboación ben definidos: terratenentes, grandes empresarios, exército e Igrexa; ademais dalgúns grupos de clase media, como os funcionarios.

- As clases altas, e dicir, a oligarquía económica, recibiron con agrado o novo réxime porque tiñan medo de perder os seus grandes patrimonios algo que temeron que pasara durante o Sexenio.

- O exército transformouse durante o Sexenio, cando viu a desorde que imperaba nas rúas, e cando detectaron que os federalistas e cantonalistas cuestionaban a unidade nacional. Dende entón, abandonan a súa tradicional postura progresista. Buscará a defensa do Estado, centrándose na unidade nacional e a orde pública. Cánovas intenta poñer fin ós pronunciamentos; pedindo ós políticos o respecto a autonomía do exército, e reservando cargos no Senado para os altos mandos.

- A Igrexa evolucionou dende o descontento inicial, producido pola aprobación da liberdade de cultos, ata o total apoio ó sistema: sobre todo cando Cánovas realiza concesións como o establecemento da confesionalidade do estado, o recoñecemento dos privilexios e dereitos especiais. Tamén lle reservou un posto no Senado. Pero este compromiso acelerou un sentimento anticlerical de amplos sectores da poboación, as esquerdas e as clases menos favorecidas.

- Os grupos das clases medias foron aqueles que se viron favorecidos polo sistema. O centralismo necesitaba un gran número de funcionarios, pero o maior problema que tiñan era que so traballaban mentres a súa opción política gobernaba (eran os chamados cesantes, que facían quenda nos cargos, como os políticos…).

Outros rexeitan a Restauración, ou a aceptaron con submisión (como foi o caso da maioría do mundo rural, predominante nesa época). Entre os grupos que non viron con agrado o sistema estaban os intelectuais: como Giner de los Ríos, Azcárate, Castelar, Urbano González Serrano , que militaran en forzas republicanas do Sexenio; así como a pequena burguesía, que foi a gran protagonista da Revolución do 1868 e do Sexenio. O proletariado urbano, pouco numeroso aínda, con duras condicións de vida, a través de ideas socialistas e anarquistas que por entonces comezaron a propagarse.

A-3- AS BASES DA RESTAURACION

A Restauración ten uns obxectivos claros:

Ø Buscar un sistema consensuado polos diferentes sectores da burguesía para rexeitar o acceso ó poder a través de pronunciamentos.

Ø Excluír ás clases baixas da vida política.

Cánovas cree que como bases de la Restauración deben estar os seguintes puntos:

o Cánovas di “A política é a arte do posible”. Cánovas sabemos que intenta crear un sistema estable por elo intenta integrar no seu sistema á meirande parte das forzas políticas do liberalismo, para así evitar descontentos masivos e o recurso ó pronunciamento para acceder ó poder. Di que existe unha constitución interna da nación(Monarquía e Cortes) e unha constitución externa que é a Constitución de 1876. A Aceptación dunha monarquía hereditaria, constitucional e doutrinaria.

o Alternancia de mutuo acordo entre dous partidos o conservador e o liberal.

o Necesidade de apoio do Rei e do parlamento( que fabricaran maiorías amañando os votos a través do caciquismo e do fraude electoral).

Sen embargo a base fundamental da Restauración é a Constitución de 1876.

¨ A CONSTITUCIÓN de 1876

 Cánovas era consciente de que o monopolio dos moderados no goberno de Isabel II acabou arruinando a monarquía, polo que propúxose redactar unha Constitución integradora, que permitise gobernar tanto ó liberais coma ó moderados.A Constitución fíxose á marxe das Cortes, como un proxecto, reunindo Cánovas a ex senadores e ex deputados monárquicos. Integrando ideas claves da de 1845 (defendida por Cánovas e os moderados) con principios da do 1869 (que impoñían Sagasta e os liberais), bastante conciliadora, polo que foi admitida polos monárquicos (conseguiu perdurar ata 1931 cun paréntese na dictadura de Primo de Rivera). Ó final a Constitución de 1876 foi moi parecida a do ano 45. Foi redactada por unha comisión de Notabilidade presidida por Alonso Martínez, esto fixo que a elaboración fóse extraparlamentaria ( non foi discutida por diputados ainda que logo fose aprobada polas cortes). É de orientación moderada propia do Liberalismo doctrinal e non contemplaba unha reforma de modificación do texto constitucional. Os puntos fundamentais de esta constitución son: Da por suposto que a forma de goberno en España é a monarquía polo que non podía ser discutida por ningunha forza política (de maneira que veremos que o sector republicano quedará fora da vida política xunto cos partidos sindicais e outros coma o socialista, etc.); establece unha forma de goberno chamada monarquía constitucional. É un réxime liberal con normas políticas na constitución no que o parlamento tiña un papel secundario. No artículo 18 expónse que “ la potestad de hacer las leyes reside en las corte con el rey”. Esta constitución e polo tanto un pacto entre o principio monárquico (histórico) e o parlamentario (que plasma a vontade da nación). No artículo 11 fixaba a liberdade de cultos. Non recupera a confesionalidade total do 45 senon tolera outros cultos. Esto supoñía a non unificación relixiosa mantendo a certa distancia o poder político da Igrexa.

Establece una visión unitaria de España. Rexeita as tentativas federalistas da república e recupera a centralización, sobre todo dende o punto de vista administrativo.

 Cuadro de texto: . IDEOLOXIA: Conservadora,.Ten 69 artigos. . SOBERANIA: Compartida cortes co Rei .DEREITOS E DEBERES : inviolabilidade da persoa, da correspondencia, do domicilio, libedade de expresión, reunión e asociación. Na práctica, a súa regulación quedaba en mans dos gobernantes, que podían restrinxilos ou suspendelos ó seu antollo .NAS RELACIÓNS IGREXA-ESTADO, prodúcese un retroceso con respecto a 1869: Relixión católica oficial, tolerancia a outros cultos, o Estado manterá o culto católico e ós seus ministros. . En cuanto a la DIVISIÓN DE PODERES, o texto recolle un equilibrio constitucional: con predominio do executivo do Rei, quen nomeaba ós ministros contando coa confianza das Cortes. A persoa do Rei era indiscutible, sagrada e inviolable, e toda a responsabilidade recaía nos seus ministro. O lexislativo residía no Rei e nas Cortes (compartido). O Rei tiña dereito ó veto. O poder xudicial deseñouse de forma ambigua xa que os Tribunais xulgaban en nome do Rei e con unha soa lei para todos os españois (o que eliminaba os últimos privilexios forais que tiña o País Vasco). Sen embargo, ata 1889 non se aprobou o primeiro Código Civil en España. . AS CORTES eran bicamerais. O Senado era unha cámara oligárquica, nutrida con senadores por dereito propio (Grandes de España e altos cargos da administración, do exército e da Igrexa), outros serán nomeados polo Rei e algúns elixidos. O Congreso elixíase por cinco anos, e cada deputado estaba respaldado polos votos de 50.000 habitantes (como na de 1845) por 5 anos. O sufraxio era directo e censatario, pero en 1890 estableceuse o sufraxio universal masculino para maiores de 25 anos. O cargo de parlamentario non estaba retribuído, polo que só podían dedicarse á política os que posuían medios económicos propios suficientes.Estivo vixente moitos anos e tivo como principais inimigos ós republicanos e obreiros.Esta Constitución (imposta) foi aprobada polas Cortes elixidas democraticamente mediante o sufraxio universal aínda vixente, polo que foi lexitimada; aínda que o proceso electoral contou co control do ministro da Gobernación, un experto en manipulación electoral.

A-4- FUNCIONAMENTO DO SISTEMA

4-1 OS PARTIDOS POLITICOS

à OS PARTIDOS NO PODER

 O sistema pretendía ser unha copia do inglés: baseábase na alternancia no poder de dous partidos, coa diferencia que en Gran Bretaña non había fraude. Na Restauración as eleccións eran un mero trámite para dar lexitimidade ó poder.

 Os partidos eran Conservador e o Liberal, diferenciábanse dos actuais partidos en que estaban integrados e controlados por grandes propietarios rurais (burguesía e aristocracia), así como por profesionais de clase media (médicos, avogados,…), que utilizábanos como medio de ascenso social. Buscan o monopolio do poder.

· O Partido Conservador: ten a súa orixe no partido alfonsino de Cánovas, formouse con antigos moderados e unionistas. Estaba moi estructurado e cohesionado. Seu líder é Cánovas del Castillo. Este partido apoiase nas clases altas (aristocracia, terratenentes, alta burguesía).

· O Partido Liberal, Chamado tamén fusionista, nace da oposición moderada: es dicir, os que admitían a Monarquía e a Constitución. Xurde da escisión de antigos progresistas, constitucionalistas (de Serrano e Sagasta), radicais (de Ruiz Zorrilla, que logo dimite e faise republicano), republicanos moderados (como Castelar), e demócratas . Seu líder indiscutible foi Praxedes Mateo Sagasta(na foto seguinte) . Este partido arrinca do Sexenio, do chamado “partido Constitucional” que se crea frente ó “partido revolucionario de Zorrilla”. Coa instauración do partido moderado alfonsino divídense en constitucionalistas puros, liderados por Sagasta e centralistas liderados por Alonso Martínez. Tras estas diferencias Sagasta volve a integrar os da esquerda liberal e da esquerda dinástica no “partido fusionista” . Tamén se constitúe posteriormente a “Lei de Garantías” que é un pacto entre os sagastinos (liderados por Alonso Martínez) e os radicais (Montero Ríos) co que se une finalmente o partido liberal. As leis da constitución do 69 que reclama este partido na elaboración do proceso constitucional son a lei de asociación (reflexo dos dereitos individuais), o xuizo por xurado e o sufraxio universal coa lei electoral de 1890 conseguida por Sagasta.

Tanto o partido liberal como o conservador son dinásticos(defenden a monarquía) así como gobernamentais (son os únicos que gobernan)


à AS FORZAS DA OPOSICIÓN

v OS REPUBLICANOS: era a única oposición ó principio da Restauración, con predominio urbano e de intelectuais; pero fragmentouse en varios grupos de escasa importancia:

Ø O Radical do exiliado Ruiz Zorrilla, que pretendía derrocar o réxime conspirando unha e outra vez, sublevando guarnicións, etc. As súas intentonas fracasaron sempre, pero estaba aí creando inestabilidade…

Ø A Unión Republicana, dirixida por Salmerón . Agrupaba nas súas filas a intelectuais, sobre todo da Institución Libre de Ensinanza (ILE).

Ø O Federalista, de Pi y Margall, moi desunido .

Ø O Partido unionista de Castelar: o máis moderado, que acabou dentro do Liberal de Sagasta. Defendía a autoridade e a orde por riba. Propoñían medidas reformistas: como a constitución de xurados, concesión de créditos brandos ós agricultores, fomento das cooperativas, defendían a reducción da xornada laboral, etc. Alcanzaron algúns éxitos nas principais cidades do país, pero nunca foron forzas maioritarias.

v OS PARTIDOS OBREIROS: trala fundación en París da Internacional Obreira, xorden dúas correntes:

Ø Os anarquistas: Non creen na existencia do Estado.A posibilidade de ser legais(Lei de Asociacións de 1887) fixo que os anarquistas fundaran a Federación de Traballadores da Rexión Española, que alcanzou gran desenvolvemento aínda que disolveuse no 1888.Ten gran presencia no campo andaluz. As ideas difundidas foron as de Bakunin. Defenden métodos diferentes para cambiar a sociedade.Algúns defenden o terrorismo (a pesar de que o anarquismo era pacifista, prodúcense accións individuais como vinganza,dando orixe a múltiples atentados incluíndo o asasinato de Cánovas),e outros defendían outras accións como as folgas.

Ø Os Socialistas: O Partido Democrático Socialista Obreiro Español (PSOE) fundouse no 1879 e foi legalizado dez anos despois (trala aprobación da Lei de Asociacións en 1887). Fundado polo galego Pablo Iglesias, seu órgano de difusión foi o periódico El Socialista (1886) e o seu sindicato a UGT ( Unión Xeral de Traballadores que nace en Barcelona no 1888).Defenden a emancipación da clase obreira, a abolición de clases, transformación da propiedade individual en social e control do poder político polos traballadores. Acepta a Restauración como mal menor, ata a chegada dun momento propicio para a gran revolución. Seguindo directrices da II Internacional, comezou a celebrar o 1º de maio: un ritual de manifestacións e concentracións que influirían na toma de conciencia dos obreiros.

 O Partido Socialista concurriu ás eleccións illadamente. O desastre colonial de 1898 lle afectou positivamente, xa que sempre opúxose ó recrutamento e á guerra colonial (tachada de imperialista e antisocial). A partir de aquí terá seus primeiros representantes en Cortes.

 - Sindicalismo católico: nesta época comeza tamén a acción social católica, segundo as normas do papa León XIII, que na encíclica Rerum Novarum denunciaba a teoría marxista. Facía unha suave crítica o capitalismo e animaba a participación activa nos procesos políticos (Unión Católica de Pidal e Mon) e a formación de agrupacións que encauzaran os intentos de mellora da vida dos obreiros seguindo a mensaxe do Evanxeo. En España, o xesuíta Vicent foi o pioneiro da acción social, creando os Círculos Obreiros Católicos, que alcanzaron certa implantación na Meseta e Levante.

4-2 A QUENDA( o TURNO)

A partir do “Pacto Do Pardo”(1885) os conservadores e liberais establecen un sistema de rotación destes partidos no poder. Este sistema manterase ata 1914(1ª guerra Mundial). Para que se realice o cambio séguense sempre os mesmos pasos:

Ø Cando o partido que está no poder ten dificultades,Ante a crise no goberno o Rei nomea presidente do goberno ó xefe do partido da oposición.Tras este nomeamento disólvense as cámaras.

Ø Convócanse eleccións, que están amañadas, para que coincida que o partido gañador das eleccións sexa o do presidente do goberno xa nomeado antes de saber os resultados.

Para que a quenda funcione teñen que darse as seguintes condicións:

1- Apoio da coroa, o Rei é o arbitro do proceso.

2- Falseamento electoral a través de dous métodos:

a) O Encasillado ou encadrado:Negociación e reparto dos distritos electorais previo ás eleccións, para que os resultados coincidiran con quen tiña que gañar.Era unha labor realizada polo ministro da gobernación cos gobernadores civís de cada provincia.

b) O Pucherazo:substitución masiva dos votos emitidos no pucheiro ou urna electoral no beneficio dun candidato que tiña que sair.Ademais outros métodos de fraude electoral son: A compra de votos, a intimidación e ameazas,colocación de furnas en lugares inaccesibles(exemplo un tellado)uso de nomes falsos nos votantes, resurrección de mortos etc.

Sagasta, con su sufragio universal al frente de toda la comitiva caciquil, jaulas que representan a las urnas, coches fúnebres que representan el voto de los muertos, garrotes, etc.

4.-3 O CACIQUISMO

O rasgo político máis característico do novo réxime foi o caciquismo: un fenómeno que, aínda que xa existía con anterioridade a 1876, agora é un instrumento de poder.

 É unha forma de pervivencia feudal na que os terratenentes, convertidos en caciques locais, organizaban as eleccións e controlaban os seus resultados.O cacique era un personaxe xeralmente rico e influínte.Os campesiños ó seu cargo convértense en clientes e votantes submisos.Ademais podía coas súas influencias proporcionar empregos ós seus fieis.Ten moito poder e influencias para favorecer ós seus clientes así como para desfavorecer ós que non o apoian ,xa que os partidos valoran a importancia do seu contol dos resultados electorais (sen cargo algún, pero con poder e influencias coas persoas poderosas). O cacique determinaba o resultado das eleccións en beneficio do partido que tiña que gañar mediante tres sistemas: a coacción ós campesiños (que dependían económica ou laboralmente del), a manipulación do proceso electoral (pucherazo, ou compra de votos) e concesión de favores.

 O Ministro de la Gobernación formaba o encasillado: Distribución previa dos resultados. Despois, os Gobernadores e alcaldes actuaban para conseguir que foran elixidos, de forma que ningún imprevisto puidera suceder, de maneira que o partido designado obtería a maioría nas eleccións sen ningún problema.Un pacto entre os partidos dinásticos garantizaba a quenda no exercicio do poder sen necesidade de loita real, a pesar das aparencias. Como non existía un electorado independente, as autoridades podían intervir no asunto sen obstáculos. O cambio de goberno non se facía tras as eleccións, sen que antes das eleccións era o Rei o que entregaba o poder a un ou outro dos partidos liberal ou conservador e esto determinaba os resultados electorais. Nos distritos rurais(70% do total) esto funcionaba perfectamente,nos urbanos o voto era máis dificilmente manipulable, por isto será nos distritos urbanos onde sexan elixidos algúns representantes dos partidos non dinásticos.

FRAUDE ELECTORAL E CACIQUISMO(esquema resume)

 REI

 

 Nomea o liberal

 ou

  Xefe do goberno e ministros conservador

 Convoca

 

 Eleccións a Cortes 

 elabora 

 



Lista de candidatos gañadores (e un mínimo para a oposición)


  ENCASILLADO 

 

  Ministro da Gobernación

 Impón o encasillado



 Gobernadores civís  (en cada provincia)

 

 Impón o encasillado

 Cacique local (en cada municipio)

 Impón o encasillado

 

  Eleccións manipuladas 

Pucherazo  

 

A-5- POLÍTICA DO GOBERNO CONSERVADOR NOS PERIODOS QUE GOBERNOU

 Gobernaron durante o reinado de Alfonso XII(1875-1885) nos períodos 1874-81, 1884-85 e na Rexencia de Mª Cristina(1885-1902) certas fases do 1890-98. A acción política dos conservadores orientouse cara as seguintes cuestións:

- 1.- A pacificación interna do país, para acabar cos carlistas. O propio rei dirixe a campaña militar (o que lle deu prestixio), mentres que Carlos VII( o carlista), falto de recursos, tivo que abandonar España.

- 2.- A pacificación de Cuba. O xeneral Martínez Campos firma en 1878 a “Paz de Zanjón:” que decretaba unha ampla amnistía para os cubanos, os mesmos dereitos cos que contaba Puerto Rico e a fin da escravitude. Medidas que foron consideradas excesivas para os hispanos da illa e insuficientes para os cubanos que desexaban unha independencia. Por iso, foi unha solución tardía.

- 3.- A cuestión universitaria: en 1868 estableceuse a liberdade de cátedra e de ensinanza, liberdade que terminase no 1874 ó establecer a obrigatoriedade da ensinanza católica e a prohibición dos ataques ó dogma eclesiástico. Algúns catedráticos republicanos rebeláronse contra esa medida e foron expulsados e desterrados.

 Esa situación impulsou a Giner de los Ríos a fundar a Institución de Libre Ensinanza, na que se integrarían os catedráticos destituídos. O seu obxectivo foi a reforma pedagóxica do sistema social de España. Funcionou como universidade paralela e formou ás grandes figuras do país.

- 4.- Política coa Igrexa: aínda que a Igrexa nunca chegou a recuperar o perdido no s. XIX (terras e poder económico), Cánovas lle concedeu grandes privilexios como o monopolio da educación (sobre todo nas primeiras etapas). Preferentemente, a Igrexa atendeu ás clases medias e altas,mentres que descoidou a labor social entre as clases máis baixas (con excepcións, como as escolas do pai Manjón). 

 No 1885, o Papa León XIII recomendou a aceptación do liberalismo para defender os intereses do mundo católico, polo que foi criticado pola esquerda, ó mezclar a doutrina con asuntos políticos, por non atender ó pobo e pola pouca moralidade dalgúns dos seus membros.

- 5.- A prensa: Cánovas censurou a prensa e estableceu o delicto da crítica á monarquía, o que serviu para cerrar calquera periódico da oposición. Só dende 1879, cando se promulga unha Lei de Prensa moderadamente aperturista, permitiu a creación de novos periódicos nacionais e rexionais.

- 6.-O exército: Cánovas evitou intervir nos asuntos propios dos militares, para que o exército se abstivera de intervir na vida política. O seu cometido sería agora loitar nas colonias e manter a orde social interior. A súa desafortunada actuación en represións, a perda das colonias e a macrocefalia, foron moi criticadas dende as filas da esquerda.

- 7.- Política social: Cánovas fixo moi pouco por solucionar os graves problemas do mundo obreiro. No 1878 estableceu de novo o sufraxio censatario privou do voto a moitos cidadáns.

- 8.- Política exterior: Cánovas tivo problemas para que os outros países recoñeceran a Alfonso XII e que non prestasen apoio ós carlistas. Firmou un pacto con a Alemania de Bismarck para garantir o seu apoio en caso de ataque de Francia a España (coa que mantiñamos un conflicto por causa de Marruecos), ou de Inglaterra (pola cuestión de Gibraltar).

 En xeral, a política exterior foi case inexistente: Cánovas preferiu consolidar no interior que intervir na política colonial do momento. Aínda que esa idea foi defendida por intelectuais como Joaquín Costa e xeógrafos (tal vez por eso, Iradier realizou una exploración a Guinea).

Coa Santa Se houbo problemas polo artigo 11º da Constitución, que proclamaba a tolerancia relixiosa. Pero Cánovas logrou calmar os ánimos ante a protesta da Igrexa.

A-6.- POLÍTICA DOS GOBERNOS LIBERAIS

 Comezan a gobernar en 1881, pero será a partir da morte de Alfonso XII (1885) na Rexencia de Mª Cristina cando toman maior protagonismo. A súas actuacións se concretaron en:

- 1.- Aperturismo intelectual: os novos decretos na ensinanza establecían só que os programas tíñanse que axustar ós preceptos constitucionais. Igualmente, permitiuse ós catedráticos expulsados recuperar a súa cátedra sen abandonar por elo a Institución Libre de Ensinanza. Ésta surxe xa que se obrigan ós catedráticos a profesar a fe católica. En Santiago negáronse dous profesores (González Linares e Calderón que eran evolucionistas) esto foi apioado en Madrid creándose así esta institución.

- 2.- Hai un claro rexeitamento da Igrexa por parte de un sector do liberalismo e da masonería, compartido por Sagasta.

- 3.- Sagasta promulgou a Lei de Prensa do 1883, que introducía a total liberdade de imprenta, o que permitiu a aparición de grandes diarios (como La Vanguardia) e o crecemento de outros xa existentes (como El Imparcial e La Época).

- 4.- Política Militar: Sagasta quixo facer a reforma do exército, e para elo fundou a Academia Militar de Toledo. Esta institución proporíase acabar co cantonalismo rexionalista e aplicar principios pedagóxicos na formación militar, ata entón escasa na maioría dos oficiais.Implanta o servicio militar obrigatorio (sen exencións con diñeiro), a descentralización administrativa castrense e impón a antigüidade como único criterio de ascenso (suprimindo o amiguismo). Loxicamente, as reformas enfrontan ós militares contra os liberais, unido á deficiente situación do exército.

- 5.- En Política Social promulgaron diversas normativas que supuxeron un notable avance. A Lei de Reunións (1881) a de Asociacións (1887) permitiron ó exercicio dos dereitos fundamentais recoñecidos na Constitución. Creceu a preocupación polos traballadores, creouse unha Comisión de Reformas Sociais (1883), que orientou o seu traballo cara a redacción das primeiras leis sobre accidentes laborais e o traballo de mulleres e nenos, sanidade, educación, etc. Outras leis sociais foron a do Sufraxio Universal (1890) e a Lei do Xurado, medidas que axudaron a integrar neste sistema a certos republicanos (como Castelar).

- 6.- En política económica, a crise agraria levou a modificar algúns postulados librecambistas tradicionais do partido: deste modo, para salvar a producción nacional de cereais, rebaixan os impostos e protexen o comercio e a producción de cereais.

A-7.- O DESASTRE COLONIAL

 A presencia de España en Cuba era moi importante para a burguesía catalana que exportaba teas e traía azucre e tabaco. A venda destes productos axudaba e equilibrar a balanza de pagos. Os Estados Unidos quixo comprar Cuba a España, pero os políticos dinásticos negáronse.

 Os cubanos estaban descontentos pola explotación da colonia e as restriccións do libre comercio entre Cuba e os demais países americanos, especialmente Estados Unidos. Eso explica o malestar entre criollos e terratenentes; algúns como José Martí, tiveron que exiliarse. Martí, dende Nueva York, organizara o movemento de oposición contra España. O goberno de Sagasta concedeu unha pequena Lei de Autonomía para Cuba, pero foi tarde. En 1895, tras o Grito de Baire, produciuse o definitivo levantamento independentista da illa. As forzas rebeldes atacaron ó exército español ó mando de Martínez Campos; que,foi substituído por Weyler; que, ó mando do exército, puxo en marcha un severo mecanismo destinado ó exterminio dos revolucionarios, aínda a costa de arruinar a illa. Weyler obrigou a emigrar ás cidades á poboación rural (“Orden de Concentración”), para que a guerrilla non encontrara apoio; e dividiu o territorio con liñas fortificadas, chamadas trochas. A superioridade dos españois chocou co coñecemento do terreo por parte dos cubanos que ademais tiñan armas mandadas polos Estados Unidos. Tamén as enfermidades tropicais mataron a ,moitos españois.Na Península hai gran malestar pola guerra e trala morte de Cánovas, Sagasta intenta solucionar o problema coa xa citada Lei de Autonomía (goberno propio en cada illa, Cámara de representantes e os mesmos dereitos que os españois). Ademais, Weyler foi substituído. De pronto os Estados Unidos entran en Guerra, tras a voadura do acorazado Maine en La Habana (do que culpan a España). USA quere de novo comprar a Illa co rechazo de Madrid.

 Pouco despois, en Filipinas se produce un proceso parecido. A armada española foi aniquilada en Cavite (Filipinas). As tropas norteamericanas desembarcan en Puerto Rico e Cuba, facéndose os donos de todo.

 O Tratado de París (1898) obrigaba a España abandonar Filipinas Cuba e Puerto Rico, e a ceder a illa de Guam (a maior das Marianas) a USA como indemnización da guerra. os norteamericanos pagarían 20 millóns de dólares en compensación por Filipinas.España perdeu o seu derradeiro imperio colonial coa venda das illas (Palaos, Carolinas e o resto das Marianas) a Alemania. As perdas humanas se calcularon en máis de 100.000 homes, pero a maioría das mortes prodúcense a causa das enfermidades: febre amarela, malaria ou paludismo, dengue, tifus, etc.

 A economía española reséntese coa perda colonial,o exército tivo un gran desprestixio, a pesar do valor demostrado por algúns soldados.

 O desastre colonial de 1898 favoreceu unha toma de conciencia en relación cos múltiples problemas que a Restauración, como sistema político, tiña plantexados: impulsou un movemento ideolóxico coñecido como Rexeneracionismo. A súa figura mais importante foi Joaquín Costa. A súa obra orientouse a expoñer:

¨ O atraso de España fronte a Europa.

¨ A buscar as causas do atraso e intentar atopar solucións.

¨ As solucións pensa que están nunha intensa labor educativa e na xeración de riqueza no país (“despensa e escola”).

 O Rexeneracionismo deu paso á Xeración del 98, un movemento intelectual e literario de gran influencia. O primeiro ensaio político do Rexeneracionismo chegou nos gabinetes de Polavieja e Silvela, pero os intentos de cambio víronse frustrados pola raíña rexente.

B- A CRISE DA RESTAURACIÓN 1902-1923.

B-1.- CARACTERÍSTICAS DO PERÍODO. OS PARTIDOS POLÍTICOS

 Cuadro de texto: Todo este período prodúcese baixo o reinado de Alfonso XIII(1902-1931). A crise ven provocada por:

Ø A desaparición dos lideres do sistema de quenda(Cánovas, en 1897, e Sagasta en 1903).

Ø As crises ministeriais, provocadas pola crecente intervención do rei Alfonso XIII en asuntos de goberno, debilitaron o sistema.

Ø Ademais cada vez foi mais difícil manipular o voto urbano (onde o caciquismo era máis escaso, mentres seguía no ámbito rural) o incremento dos grupos no parlamento fomentaba coalicións á marxe do sistema de turnos.

Ø A esto hai que unir o crecente desenvolvemento das organizacións obreiras que provocaron numerosas folgas durante o período e o problema colonial marroquí, así como a 1ª Guerra Mundial e a Crise de Subsistencia. Todo elo desembocará no golpe de Primo de Rivera e na instauración da Dictadura.

1.1.- OS PARTIDOS POLÍTICOS

· Os que se alternaban no poder: o partido conservador, liderado agora por Antonio Maura (tras outros dirixentes anteriores, como Silvela, Romero Robledo ou Villaverde), diferenciábase polas súas ideas máis á dereita doutro grupo do partido que lideraba Eduardo Dato, con ideas máis centristas.Os liberais tamén dividíronse en varias correntes, sendo a principal a de Canalejas.

· Entre a oposición: os republicanos, caracterizados por asociar os males de España coa monarquía, lograron atraer a un sector de intelectuais, profesionais, funcionarios, comerciantes.Destaca o grupo de A. Lerroux, fundador do Partido Republicano Radical (PRR).

· Dentro das forzas obreiras, sobresaen dous:Os socialistas (PSOE) crecen lenta pero progresivamente. Agrupábanse en torno a Pablo Iglesias tiñan unha potente organización sindical que lles respaldaba ( UGT). Os anarquistas destaca a creación da CNT o seu sindicato. Foron os responsables dos atentados a Canalejas e ó Rei (como o día da súa voda).

· Non podemos esquecer os rexionalistas e nacionalistas, máis destacados en Cataluña e no País Vasco, e que alcanzan gran protagonismo. En Cataluña destaca a Lliga Regionalista, mentres que no País Vasco o Partido Nacionalista Vasco ou Solidariedade Galega.

· Os carlistas. Perden importancia coa morte de Carlos VII en 1909, isto provocou a escisión do partido en dúas faccións enfrontadas: jaimistas (seguidores de D. Jaime) y tradicionalistas (en torno a Vázquez de Mella), que continuarán durante todo o s. XX

B-2. LA EVOLUCION POLÍTICA (Ata a crise de 1917)

2.1.- A CRISE POLÍTICA DA RESTAURACIÓN

 O reinado de Alfonso XIII caracterizouse pola inestabilidade política e social, con sucesivos cambios de goberno, que non solucionaron os problemas. O Rei asumiu por isto un papel activo en política e converteuse en árbitro das crises.

 A crise dos partidos dinásticos foi un reflexo desta inestabilidade:

¨ partido Liberal, coa morte de Sagasta en 1903, enfrontase a dous problemas: a definición do programa e o liderazgo. Por iso dividiuse en dúas facciónstristeCanalejas-Moret), que non chegaron a romperse para garantir o exercicio do poder. O partido fíxose máis anticlerical (sobre todo o grupo de Canalejas ) quixo abaratar os productos de primeira necesidade, suprimir os impostos de consumo, fomentar o cooperativismo, regular os contratos de traballo. Outros políticos liberais son : Montero Ríos, García Prieto e Romanones.

¨ partido Conservador tivo un líder fugaz en F. Silvela, substituído por A. Maura (tras outros, como Romero Robledo e Villaverde). Estes líderes proporán modernizar a estructura económica do país, limitar a extensión e influencia do caciquismo (Maura), pero sen alterar o control político, social e económico das oligarquías e manter a quenda de partidos.

* A EVOLUCIÓN DA SITUACIÓN POLÍTICA (a revolución dende arriba…):

 MAURA(1907/1909 conservador)gobernou durante case tres anos impulsando a modernización do país, sobre todo no sector industrial (como dicíamos, tamén desexaba acabar co caciquismo); pero, ante a crecente axitación social, presentou un plan contra o terrorismo que tivo que ser retirado ante a presión do denominado Bloque de Esquerdas. Pero, como consecuencia da Semana Tráxica de Barcelona (como despois veremos),será cesado polo Rei. A súa figura foi moi discutida.

 CANALEJAS (1910/1912 tras sustituir a Moret) será o sucesor de Sagasta. Líder liberal de talante progresista, a súa labor xira en torno a:

- supresión do imposto de consumo (substituíuno pola contribución urbana).

- o servicio militar obrigatorio (anulando a redención con diñeiro)

- mellorar a ensinanza pública (en 1909 decretase a ensinanza elemental obrigatoria)

- a loita a favor da liberdade de culto (con anticlericalismo incluído, como a Lei do Cadeado, aprobada a finais de 1910 que prohibía o establecemento de ordes relixiosas sen permiso do goberno).

Actúa en Marruecos, ocupando algunhas plazas para cortar o progreso dos franceses cara Fez e Tánger. No tema da conflictividade social, diferenciou entre folgas lícitas (as que tiñan como obxectivo as melloras económicas) e ilícitas (as revolucionarias, de tipo político). Non contentou nin ós conservadores (que o odiaban), nin ós de esquerda, nin ós traballadores. Un anarquista asasinou a Canalejas no 1912, na Puerta del Sol de Madrid. Seu cargo foi ocupado polo Conde de Romanones, que aproba a Lei de Mancomunidades: proxecto que pretendía acercar o nacionalismo catalán mediante l concesión de certo grao de autonomía.

 Co fin de Canalejas, e con Maura postergado, e frustráronse as tentativas de reformar o sistema dende dentro. Ata 1917 non se producen feitos relevantes, sucedéndose os gobernos conservadores (con Eduardo Dato) e liberais (Romanones e García Prieto), con frecuentes crises e enfrontamentos.

 A partir 1917, os partidos tradicionais escíndense en pequenos grupos, acabando o turno pacífico. Aparecen gobernos de concentración. O modelo de Cánovas resultaba inservible, porque prescindiu de unhas forzas sociais que agora irrompen con vigor,as obreiras. No 1917, tres acontecementos tiveron unha especial importancia: a actividade política das Xuntas de Defensa; os intentos de democratización da burguesía, a través dunha Asemblea de Parlamentarios de Barcelona, cohesionada pola Lliga; e o proletariado militante, dirixido pola UXT e a CNT, capaz de grandes mobilizacións obreiras a nivel nacional.

B-3. OS PROBLEMAS DO RÉXIME

3.1.- O PROBLEMA DE MARRUECOS:

 Comezou pouco despois do desastre colonial do 1898, España e Francia queren un protectorado sobre as súas posesións en Marruecos, outras nacións como Alemania e Inglaterra (dona de Gibraltar, que desexaba seguir co control do estreito) tiñan interese por estes territorios. Así que, España non podía quedarse ó marxe das potencias europeas.Trala Conferencia de Algeciras (1906), crease en Marruecos un dobre protectorado hispano-francés, quedando o Rif en poder de España. A continuación, varias compañías mineiras españolas comezan a explotar o ferro desa zona, o que orixina que as kabilas rifeñas comecen a atacar ós obreiros españois.

 A decisión de enviar ós reservistas á guerra desencadeou a Semana Trágica de Barcelona (en xullo de 1909), coincidindo co desastre español no “Barranco del Lobo”(Marruecos) A partir de aquí acaba o dominio pacífico iníciase unha guerra. O problema de Marruecos tornase en algo moi grave debido a:

¨ Unha cuestión estratéxica (incluíndo o prestixio do pais)

¨ Polos intereses económicos e os recursos desta zona.

Crease un novo corpo do exército para loitar en África é a lexión. No 1912 prodúcese o reparto do protectorado entre España e Francia.No 921 volve a complicarse a guerra debido a unha pésima actuación do xeneral Silvestre, unido ó empuxe das tropas indíxenas dirixidas por Abd-el-Krim, dan lugar ós desastres de Annual, Nador e Monte Arruit (con máis de 15.000 españois mortos so 4.000 rifeños).  Este desastre abriu unha crise enorme a nivel político que desembocara no golpe de estado de Primo de Rivera.

3.2.- A SEMANA TRÁXICA DE BARCELONA Xullo de 1909:

 Os feitos prodúcense na última semana de xullo de 1909 e, aínda que a chispa que prendeu o conflicto foi a mobilización dos reservistas para que acudir á Guerra de Marruecos, en realidade, foi un grave conflicto social alentado por: o nacionalismo, anarquismo, republicanismo (sobre todo do Partido Republicano Radical de Lerroux), anticlericalismo (pola influencia da igrexa na sociedade) e o antimilitarismo (motivado pola cuestión marroquí).

 Os republicanos, socialistas e anarquistas opóñense á guerra de Marrocos por ser esta unha guerra imperialista e crer que o sistema de quintas prexudicaba ós pobres. Convocase unha folga xeral, que supón o inicio da radicalización do movemento obreiro español. En seguida foi unha folga incontrolada, con barricadas por toda Barcelona, incendio de igrexas e conventos,etc.. O conflicto estendese rapidamente a outras localidades, ata que o exército intervén para sofocalo. Resultado: máis de 100 mortos, 500 feridos e 112 edificios queimados. Cinco sentencias de morte, entre as que destaca o fusilamento do fundador da Escola Moderna (anarquista), Francisco Ferrer i Guardia,. Suspéndense as garantías constitucionais, Unha campaña internacional ponse en contra desa execución. O resultado foi a destitución de Maura e o descrédito de España como unha nación moderna e democrática.

3.3.- A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL

 Aínda que a Guerra empezou no 1914, España foi neutral dada a súa debilidade no contexto internacional, que a mantiña fora da política de alianzas e a incapacidade para soster unha guerra. Era unha neutralidade obrigada. Aínda que os españois estaban co corazón partido entre os defensores de Alemaña(xermanófilos) e os Aliadófilos(Francia e Gran Bretaña).

 A neutralidade supuxo unha forte expansión económica xa que os países participantes na guerra demandaban materias primas, alimentos e productos industriais. Creceu o comercio exterior e se acumularon grandes fortunas. Pero, tamén tivo efectos negativos:

Ø a demanda exterior provocou o desabastecemento interno, así como unha forte suba de prezos, que afectou sobre todo ós obreiros empeorando as súas condicións de vida.

Ø O crecemento económico foi só especulativo e case nin transformou nin modernizou o sistema productivo español. Dará orixe a unha grave crise económica, e a grandes mobilizacións sociais.

3.4.- A CRISE DE 1917

 En 1917 España sufre unha grave crise na que interveñen varias forzas: o catalanismo, o exército, e os partidos republicanos e obreiros. Tamén influíu moito a crise de subsistencia. Non podemos falar dunha crise senón de tres:

Ø Unha crise militar (relacionada cos problemas internos do exército). Protagonizada polas Xuntas de defensa. Eran asociacións de militares de media e baixa graduación(por debaixo de coronel),

· negativa ós ascensos por mérito de guerra, queren un sistema de ascenso baseado exclusivamente na antigüidade.

·  Piden unha subida salarial.

· Críticas de carácter político como o baixo presuposto do exército, a situación da guerra en Marruecos, a intervención directa do rei en asuntos militares etc. Son detidos varios xuntistas por asociarse (o que estaba prohibido ós militares). A maioría dos seus compañeiros se solidarizan con eles e presentan a Manuel García Prieto (liberal, xefe do goberno) un ultimátum: a liberdade dos detidos, sen represalias e o el recoñecemento oficial da asociación. Como García Prieto non o fai , ten que dimitir. A situación era grave e para solucionala. Alfonso XIII recorre ó habitual: cambiar o partido da quenda. Volvera Eduardo Dato (conservador) ten que aceptar o regulamento das Xuntas de Defensa (de novo, o poder militar se impón ó civil, como no S. XIX.).

Ø Unha crise política, (Piden democracia y autonomía) protagonizada pola Asemblea de Parlamentarios. Os socialistas e os republicanos reformistas (de Melquíades Álvarez) pactan para impoñer un goberno que convoque Cortes Constituíntes (nova constitución, novo sistema político), ante esa ameaza Eduardo Dato pecha o Congreso e suspende as garantías constitucionais. Cambó alegando que Dato non quere abrir as Sesións das Cortes, cita en Barcelona ós parlamentarios durante o mes de xullo de 1917. Aínda que asisten relativamente poucos (entre 60 e 70), e na súa maioría de esquerdas: catalanistas de Cambó, republicanos de Lerroux, socialistas con Pablo Iglesias e reformistas de Melquíades Álvarez. O conservador Antonio Maura (agora na oposición), dubida e non asiste. A idea xeral era clara e clave: conseguir unha verdadeira democracia en España. Esta asemblea puido ser fundamental para a historia de España posterior a estas datas,pero non se conseguiu .Convocan outra reunión a celebrar en Oviedo, pero non tivo lugar porque estalla. a folga xeral.

Ø Una crise social : A Folga Xeral de 1917 relacionada co movemento obreiro e coa carestía dos productos de primeira necesidade. Os obreiros sumábanse ás peticións dos militares e dos políticos, pero tanto políticos como militares teñen medo o movemento obreiro.A UGT e a CNT firmaran no 1916 un acordo de colaboración. Convocan unha folga xeneral. Entre as causas desta folga hai que sinalar a suba dos prezos que afectou especialmente os traballadores, a inestabilidade política (xuntas de defensa e asemblea de parlamentarios) e a influencia dos acontecementos en Rusia(revolución Rusa). A folga xeral ten como fin o cambio de sistema de goberno. Os protagonistas foron os obreiros (UGT e CNT), Aínda que os seus obxectivos eran diferentes (a UGT quería unha revolución democrático-burguesa, mentres que os anarquistas querían unha revolución social), Nun 1º momento o Goberno toma una actitude pasiva. Polo que se inicia o conflicto: Comezan os ferroviarios de Valencia. Polo que decretan o Estado de Guerra nesta cidade. Máis tarde se lles unen os ferroviarios de Zaragoza e os mineiros e ferroviarios do Norte e a UGT ferroviaria decide Folga Xeral.Pero hai confusión e desunión dentro dos grupos que participan na folga . Decretase o Estado de Guerra en toda España, . Houbo incidentes graves, sobre todo en Asturias; e a represión militar contra os folguistas foi moi dura, destacando o xeneral Burguete e un xoven comandante, Francisco Franco, que iniciaba a súa carreira militar. Os resultados da represión son : 71 mortos, 156 feridos y 2.000 detidos.

A Folga xeral fracasou por

¨ Só foi seguida polos socialistas, e non todos.

¨ Non participan os campesiños (eternos sufridores pasivos).

¨ As Xuntas de Defensas enfróntanse os amotinados (coa declaración da Lei Marcial) e non se unen a, olvidando o seu enfrontamento co Goberno. Dende agora intervendrán máis en política os militares, á vez que se alexan do pobo. Non se pon de acordo o exército (máis preocupado por resolver seus intereses) cos parlamentarios (que buscan unha renovación política) e os obreiros (ansiosos por conseguir a revolución). De agora en adiante cada uno seguirá O seu camiño por separado.

¨ Os republicanos vacilaron.

¨ Deserta a burguesía catalana (representada pola "Lliga"), por medo á revolución, Cambó asustase.

 En outubro celebrase o Consello de guerra contra os once dirixentes da Folga Xeral, condenando a "pena de morte" (conmutada pola de "cadea perpetua")ós socialistas Francisco Largo Caballero, Julián Besteiro, Daniel Anguiano e Andrés Saborit. Marcelino Domingo foi indultado, levantase o Estado de Guerra e se restablecerán as garantías constitucionais.

A Restauración entra en crise. A crise de 1917 puxo en evidencia as limitacións dun sistema no que só dous partidos contaban coa confianza do Rei, nun tempo no que no país reclamábanse grandes reformas sociais.

4- A FIN DO SISTEMA CANOVISTA (1918-1923)

v A triple crise do 1917, aínda que aparentemente fora superada polo sistema canovista, deixouno ferido de morte. Ante a inestabilidade e a radicalización progresiva recorrese a gobernos de concentración coa inclusión dos políticos máis importantes das distintas tendencias (Maura, Romanones, Cambó...) pero as disputas internas e as presións externas fan imposible a súa consolidación. O réxime foise degradando, entre suspensións das Cortes e declaracións del estado de excepción (controlando así á oposición). Cada vez resulta máis difícil distinguir entre conservadores e liberais

v En 1918 as noticias do éxito da revolución comunista en Rusia fan que as folgas e o enfrontamento co goberno, coas forzas de orden público e cos patróns aumenten, producíndose o que se denominou o trienio bolchevique, especialmente en Andalucía. En 1920, co fin da primeira guerra mundial, aparece ademais unha recesión económica. Esta crise complicará a tensión social, e radicalizará aínda máis o movemento obreiro.

v No campo andaluz as revoltas son continuas e en Barcelona a situación foi extrema. Despois da folga da canadiense, aparecen o Lock out(peche de empresas por parte dos patróns) e o pistolerismo catalán ( os patróns forman os sindicatos libres que eran grupos de pistoleiros e sicarios a soldo que enfróntanse cos anarquistas, co apoio tácito do goberno que aplica a lei de fugas). Morren líderes anarquistas moderados, patróns e o propio Eduardo Dato.

v O desastre de Annual .A conmoción da derrota das tropas españolas en Annual foi importantísima en España. O rei e o exercito son atacados como culpables. O informe Picasso que adxudica a responsabilidade do desastre o rei e o exercito ía ser debatido no congreso, pero non deu tempo. O Xeneral Primo de Rivera, capitán xeneral de Cataluña , co apoio do exercito, da burguesía catalana e co consentimento do rei, da un golpe de estado, enviando simplemente un telegrama. Comeza a dictadura de Primo de Rivera.


Última modificación: martes, 13 de setembro de 2016, 11:39 AM