1. Os Servizos Systemd

Os ficheiros de servizo en systemd son ficheiros de texto plano que seguen un formato específico dividido en seccións, e están destinados a definir como se xestionan servizos, procesos ou tarefas. Estes ficheiros atópanse normalmente en directorios como /etc/systemd/system/ (para servizos definidos por usuarios ou administradores) ou en /lib/systemd/system/ (para servizos instalados polo sistema).

O formato básico dun ficheiro systemd consta de tres seccións principais: [Unit], [Service] e [Install].

Os ficheiros de configuración de usuario non deberían mezclarse cos do sistema. Unha boa práctica e colocalos nun directorio propio e crear enlaces simbólicos dende /etc/systemd/system

Operación básica

A operación de systemd se realiza mediante o comando systemctl:
  • Recargar systemd: Recarga a información dos ficheiros de configuración activos.: systemctl daemon-reload
  • Activar servizo:  Activa o servizo para que se inicie co sistema: systemctl enable <service>
  • Desactivar servizo: Desactiva o servizo de xeito que so funcione con inicio manual: systemctl disable <service>
  • Iniciar servizo: Inicia o servizo: systemctl start <service>
  • Parar servizo: Para o servizo: systemctl stop <service>
  • Inhabilitar Servizo: Inhabilita o servizo de xeito que non poda ser activado nin iniciado: systemctl mask <service>
  • Habilitar Servizo: Habilita un servizo inhabilitado: systemctl unmask <service>
  • Comprobar Estado do Servizo: Comproba o estado dun servizo: systemctl status <service>